Versos de combate

26.5.07

Estoutras Notas Políticas


STALIN E A LOITA POLA REFORMA DEMOCRÁTICA
Grover Furr



PARTE PRIMEIRA


Introdución

1. Este artigo subliña as tentativas de Stalin, desde os anos 30 até a sua morte, por democratizar o governo da Unión Soviética.

2. Esta afirmación, e o artigo, surprenderá a moitos, e escandalizará a algúns. De feito, foi a miña surpresa ante os resultados desta investigación o que me levou a escreber este artigo. Suspeitei durante moito tempo que a versión tipo "guerra fria" da história soviética tiña importantes lagoas. Mália isto, non estaba preparado para a magnitude das falsedades das que tiven coñecimento.

3. Esta história é ben coñecida polos rusos, onde o respeito e incluso a admiración por Stalin é común. Yuri Zhukov, o principal historiador ruso que avanzou o paradigma de "Stalin demócrata", e cuxos traballos son a principal fonte individual, mália que non a única, deste artigo, é unha figura recoñecida, relacionada coa Académia de Ciéncias. Os seus traballos son amplamente coñecidos.

4. Porén, esta história, así como os feitos nos que se asenta, é virtualmente descoñecida fora de Rúsia, onde o paradigma da Guerra Fria "Stalin, malvado" domina tanto o publicado que os traballos aquí citados son escasamente nomeados. Por isto moitas das fontes utilizadas no artigo só son acesíbeis en ruso.(1)

5. Este artigo non só informa aos leitores de novos feitos e das suas interpretacións sobre a história da URSS. Constitue unha tentativa de achegar aos leitores non-rusos o resultado de novas investigacións, baseadas nos arquivos soviéticos, sobre o periodo de Stalin e sobre o mesmo Stalin. Os feitos discutidos neste artigo son compatíbeis con determinado rango de paradigmas históricos soviéticos, na medida na que axudan a desbotar un determinado número de interpretacións. Serán inaceitábeis por completo (incluso escandalosos) para aqueles cuxas perspectivas políticas e históricas se basean nunhas nocións erradas, baseadas na Guerra Fria, sobre o "totalitarismo" soviético e o "terror" estalinista.(2)

6. A interpretación khrucheviana de Stalin como un ser sedento de poder, traidor ao legado de Lenin, foi unha criazón necesária para os intereses da nomenclatura do Partido Comunista nos anos 50. Pero amosa moitas semellanzas e comparte moitas premisas co discurso canónico sobre Stalin herdado da Guerra Fria, que estivo ao servizo do desexo das elites capitalistas de apresentar as loitas polo comunismo, ou calquer loita da clase obreira polo poder, como un camiño que dirixe necesáriamente a algún tipo de horror.

7. Axusta-se tamén á necesidade do trotskismo de argumentar que a derrota de Trotsky, o "revolucionário auténtico", tivo que ser obra dun ditador que, dá-se por feito, violou cada un dos princípios polos que loitou a Revolución. Khruchevistas, anticomunistas da Guerra Fria, e os paradigmas trotskistas sobre a história soviética son cópias na sua dependéncia dunha demonización de Stalin, do seu liderazgo e da URSS durante o seu mandato.

8. A visión sobre Stalin apresentada neste ensaio é compatíbel con outros paradigmas históricos contraditórios. As interpretacións comunistas anti-revisionistas e pós-maoístas da história soviética contemplan a Stalin como un herdeiro lóxico e criativo do legado de Lenin, se ben fracasado en certos aspectos. Igualmente moitos nacionalistas rusos, que difícilmente aprobarian os logros de Stalin en tanto comunista, respeitan a sua figura como responsábel de facer de Rúsia unha poténcia industrial e militar. Stalin é para todos eles unha figura esencial, se ben desde distintas ópticas.

9. Este traballo non tenta "reabilitar" a Stalin. Estou de acordo con Yri Zhukov cando escrebe:

"Teño que dicer, sinceramente, que me opoño á reabilitación de Stalin, porque me opoño ás reabilitacións en xeral. Nada nen niguén debe ser reabilitado, senón que debemos descobrir a verdade, e dá-la a coñecer. Porén, desde os tempos de Khruchev as únicas vítimas das represións de Stalin das que ouvimos falar son aquelas que tomaron parte nelas, ou que as facilitaron, e que non se opuxeron a elas".

Tampouco quero afirmar que, no caso de que Stalin conseguira todas as metas, fosen resoltos os moitos e variados problemas da construción do socialismo e do comunismo.

10. Durante o periodo analisado neste ensaio, o liderazgo de Stalin preocupou-se non só de potenciar a democrácia no governo do estado, senón de favorecer tamén a democrácia interna no Partido. Este ponto, importante e relacionado, precisa dun estudo por separado, e non é o ponto central deste traballo. Mália ser coñecido o conceito de "democrácia", este ten un significado distinto no contexto dun partido guiado polo centralismo democrático, formado por membros voluntários, que no contexto dun grande estado de cidadáns no que non se poden dar por supostas bases de consenso político.(3)

11. Este artigo baseou-se en fontes de primeira man sempre que foi posíbel. Ainda que descansa con maior solidez nos traballos académicos de historiadores rusos que teñen aceso a documentos non publicados, ou de moi recente publicación, dos arquivos soviéticos. Moitos documentos soviéticos de grande importáncia só están a disposición de académicos con aceso privilexiado. Moitos outros permanecen completemante secuestrados e "clasificados", incluídos moitos do arquivo persoal de Stalin, os materiais pre-xudiciais de investigación dos procesos de Moscova de 1936-1938, os materiais de investigación sobre o caso Tukhachevski de 1937 e moitos outros.

12. Yuri Zhukov descrebe a situación dos arquivos do seguinte xeito:

"Co comezo da Perestroika, sendo un dos seus lemas glasnost..., o arquivo do Kremlin, antes pechado aos investigadores, liquidou-se. Os seus contidos empezaron a trasladar-se (a vários arquivos públicos G.F.). Este proceso encetou, pero non finalizou. Sen publicidade ou explicación, en 1996 os materiais máis importantes e esenciais foron reclasificados de novo, agachados no arquivo do Presidente da Federación Rusa. Pronto foron evidentes as razóns desta operación: permitir o rexurdimento dun dos vellos e lamentábeis mitos."

Zhukov está a falar dos mitos "Stalin o malvado" e "Stlain o grande líder". Só o primeiro destes mitos é familiar aos leitores da historiografia ocidental e anticomunista. Pero as duas escolas están ben representadas tanto na Rúsia como na Comunidade de Estados Independentes.

13. Unha das obras de Zhukov, fonte de moito do contido deste artigo, intitula-se Inoy Stalin - Un Stalin diferente, "diferente" dos mitos, máis perto da verdade, baseado nos recentemente desclasificados documentos de arquivo. A sua cuberta representa unha fotografia de Stalin e, fronte a ela, a mesma fotografia en negativo: o seu oposto. En poucas ocasións utiliza Zhukov fontes de segunda man. Maiormente cita documentos de arquivo non publicados, ou recentemente desclasificados e publicados. A sua descrición da política do Politburó de 1934 a 1938 é moi diferente de todo o que teña a ver cos mitos que rexeita.

14. Zhukov remata a sua Introdución con estas verbas:

"Non presumo de ter rematado a tarefa. Tento só evitar pontos de vista preconcebidos, evitar os dous mitos; tentar reconstruir o pasado, unha vez moi coñecido, pero agora esquecido intencionadamente, deliberadamente non nomeado, ignorado por todos".

Seguindo a Zhukov, este artigo tamén tenta manter-se á marxe dos dous mitos.

15. Sob estas condicións calquer conclusión ten que ter o carácter de tentativa. Esforcei-me por utilizar sensatamente todos os materiais, xa foran de primeria ou segunda man. Co gallo de non interromper o texto coloquei as fontes referenciais ao remate de cada parte.

16. A investigación que este artigo resume ten importantes consecuéncias para aqueles de nós que queremos levar adiante unha análise de clase da história, incluída a história da Unión Soviética.

17. Un dos mellores investigadores do periodo de Stalin na URSS, J. Arch Getty, denominou a investigación histórica realizada durante o periodo da Guerra Fria como "produto propagandísitico", "investigación" que non merece nen crítica nen emenda, senón que ten que ser feita de novo desde o comezo.(4) Coincido con Gretty, ainda que engadiria que esta investigación tendenciosa, "política" e desonesta continua hoxe en dia.

18. O paradigma Guerra Fria-Khruchevista foi o ponto de vista dominante da história dos "anos de Stalin". A presente investigación pode dar luz sobre a matéria, "un princípio desde o mesmo princípio". A verdade que xurde terá tamén un grande significado para o proxecto marxista de comprender o mundo para trocá-lo, da construción dunha sociedade sen clases, unha sociedade con xustiza económica e social.

19. Na sección final do ensaio subliñei algunhas áreas para unha posterior investigación apontadas polos resultados deste artigo.

Unha nova Constitución

20. En decembro de 1930, o VIIIº Congreso Extraordinário dos Soviets aprobou o borrador da nova constitución soviética. Convocou unha votación secreta e unhas eleizóns abertas. (Zhukov, Inoy 307-9)

21. Admitiron-se candidatos non só do Partido Bolchevique -chamado entón Partido Comunista da Unión (bolchevique)(5)- senón tamén doutros grupos de cidadáns baseados na zona de residéncia, filiación (como grupos relixiosos), ou organizacións dos centros de traballo. Isto nunca se levou á prática. Nunca houbo eleizóns abertas.

22. Os aspectos democráticos da Constitución foron incluídos ante a expresa insisténcia de Stalin. Xunto aos seus máis achegados colaboradores no Politburó do Partido Bolchevique, Stalin loitou para manter este proxecto (Getty, "State"). El, e eles, cederon só cando se enfrontaron ao rexeitamento total do Comité Central do Partido, e ante o pánico que criou o descobrimento de sérias conspiracións para derrocar o governo soviético coa colaboración do fascismo alemán e xaponés.

23. En xaneiro de 1935, o Politburó asignou o traballo de deseñar os contidos dunha nova constitución a Avel Ynukidze(6) quen, meses máis tarde, volveu coa idea de eleizóns abertas. Case imediatamente, o 25 de xaneiro de 1935, Stalin expresou o seu desacordo coa proposta de Yenukidze, insistindo nas eleizóns secretas. (Zhukov, Inoy 116-21)

24. Stalin fixo público este desacordo dun xeito moi notório en marzo de 1936, durante unha entrevista co magnate da imprensa americana Roy Howard. Stalin declarou que todas as votacións serian secretas. O voto teria unha base de igualdade, tendo o mesmo valor o voto dun campesiño que o voto dun obreiro(7); unha base territorial, como no Ocidente, no canto dunha base relacionada co estatus, como na época zarista. O voto seria directo: todos os Soviets serian elixidos polos cidadáns, non por representantes indirectos. (Stalin-Howard Interview; Zhukov, "Repressii" 5-6)

Stalin: "Adoptaremos a nosa nova constitución probábelmente a finais deste ano. A comisión encarregada de redixí-la esta traballando e rematará pronto o seu traballo. Como xa se anunciou, de acordo coa nova constitución, o sufráxio será universal, igual, directo e secreto". (Entrevista Stalin-Howard)

25. E o máis importante: Stalin declarou que en todas as eleizóns participarian diferentes forzas políticas.

"Vosté está confundido polo feito de que só un partido se apresentará ás eleizóns. E non pode ver como pode ter lugar unha contenda eleitoral nestas condicións. Evidentemente, os candidatos serán apresentados non só polo Partido Comunista, senón por toda clase de organizacións públicas, alleas ao Partido. E temos centenares. Non temos partidos máis que na medida na que temos unha clase capitalista en loita cunha clase traballadora que é explotada polos capitalistas. A nosa sociedade consiste exclusivamente en traballadores livres do campo e da cidade; traballadores, campesiños e intelectuais. Cada unha destas capas ten os seus especiais intereses, intereses expresados através das numerosas organizacións que existen".

Diferentes organizacións cidadáns apresentarian candidatos que competirian cos candidatos do Partido Comunista. Stalin declarou a Howard que os cidadáns tacharian os nomes de todos os candidatos agás os de aqueles a quen votasen.

26. Tamén salientou a importáncia dunhas eleizóns nas que existira competéncia como forma de loitar contra a burocrácia:

"Vosté poderia pensar que non haberá eleizóns. Pero si que haberá, e vexo campañas moi axitadas. Non son poucas as institucións no noso país que funcionan mal. Dan-se casos nos que este ou aquel governo local non son quen de satisfacer esta ou aquela das variadas e crecentes necesidades dos traballadores da cidade e do campo. Edificou-se unha boa escola ou non? Melloraron as condicións da vivenda? É vosté un burócrata? Axudou vosté a facer maís eficaz o noso traballo e a facer as nosas vidas máis cultivadas? Así serán os critérios cos que millóns de eleitores medirán o axeitado dos candidatos, rexeitarán aos non aptos, suprimirán os seus nomes das listas de candidatos e favorecerán e elexerán aos mellores. Si, as campañas eleitorais serán disputadas, e estarán centradas en numerosos e agudos problemas, sobretodo de natureza prática, de primeira importáncia para o povo. O noso novo sistema eleitoral reforzará todas as institucións e organizacións, que se verán obrigadas a mellorar o seu traballo. O sufráxio universal, igualitário, directo e secreto será un látego nas mans do povo contra os órgaos governamentais que funcionen mal. Na miña opinión, a nova constitución soviética será a constitución máis democrática do mundo".

27. Desde esta óptica, Stalin e os membros do Politburó máis cercanos a el, Vyacheslav Molotov e Andrei Zhadanov apoian unhas eleizóns abertas e secretas en todos os debates dentro do Partido. (Zhukov, Inoy, 207-10; Entrevista Stalin-Howard)

28. Stalin tamén insiste no feito de que moitos cidadáns soviéticos, que foran privados dos seus direitos, agora os recuperarian. Esto incluia membros das clases explotadoras, como os terratenentes, e aqueles que loitaron contra os bolcheviques durante a Guerra civil de 1918-1921, os coñecidos como "gardas brancos", así como aqueles condenados por crimes (como hoxe nos EEUU). Os grupos máis importantes e probábelmente máis numerosos entre os lishentsy (expropriados) foron dous: os kulaks, os principais obxectivos durante a colectivización, e os que violaran a "lei dos tres ouvidos"(8) (roubar propriestades estatais, a miúdo cereais, as veces simplesmente para combater a fame). (Zhukov, Inoy 187)

29. Estas reformas eleitorais serian inecesárias, a non ser que a dirección soviética quixera mudar os modos de governo da Unión Soviética. O que perseguian era expulsar ao Partido Comunista da dirección directa da Unión Soviética.

30. Durante a Revolución Rusa e os críticos anos que seguiron, a URSS foi governada por unha xerarquia eleita de soviets, desde o nível local ao nacional, co Soviet Supremos como órgao lexislativo, o Consello de Comisários do Povo o executivo, e o Secretário deste Consello como cabeza do Estado. Pero na prática, a todos os níveis, a eleizón destes estivo nas mans do Partido Bolchevique. Houbo eleizóns, pero o nomeamento directo por parte dos líderes do Partido, denominado "cooptazón" era tamén habitual. Incluso as eleizóns foron controladas polo Partido, xa que ninguén podia optar sen a aprobación dos dirixentes do Partido.

31. Para os bolcheviques isto era lóxico. Era a forma que tomaba a ditadura do proletariado nas condicións históricas específicas na Unión Soviética revolucionária e pós-revolucionária. Baixo a Nova Política Económica, ou NEP(9), o traballo e as capacidades dos explotadores foron necesárias. Ainda que só cando estiveran ao servizo da ditadura do proletariado, do socialismo. Non se deixou que reconstruisen as relacións capitalistas alén de certos límites, nen que recuperaran poder político.

32. Duranta os anos 20 e princípios dos 30, o Partido Bolchevique reclutou membros entre a clase traballadora de forma intensa. A finais dos anos 20, a maioria dos membros do Partido eran traballadores e unha alta porcentaxe dos traballadores estaban no Partido. Este reclutamento masivo e os grandes proxectos de educación política coincidiron coas enormes tensións do primeiro Plano Quinquenal, a industrialización a marchas forzadas, e a colectivizacion, normalmente forzada, das granxas individuais (pasando a constituir granxas colectivas -kolkhoz-, ou soviéticas -sovkhoz-). A dirección bolchevique foi tan sincera na sua tentativa de proletarizar o Partido como exitosa nos seus resultados. (Rigby, 167-8;184;199)

33. Stalin e os seus seguidores dentro do Politburó deron determinados motivos para apoiar a sua vontade de democratizar a Unión Soviética. Esas razóns reforzan a idea desa dirección de que se acadara un novo estado de socialismo.

34. A meirande parte dos campesiños estaban en granxas colectivas. Cun descenso progresivo de granxas individuais, a dirección soviética pensou que, obxectivamente, os campesiños xa non constituian unha clase sócio-económica independente. As semellanzas entre campesiños e traballadores eran maiores que as diferenzas.

35. Stalin argumentaba que, co rápido crecimento da indústria colectiva e, sobretodo, coa clase obreira controlando o poder político através do Partido Bolchevique, a verba "proletário" xa non era acaída. "Proletariado", declarou Stalin, define a clase traballadora baixo a explotación capitalista, ou traballando baixo relacións capitalistas de produción, como as que existian durante os primeiros anos da Unión Soviética, especialmente durante a NEP. Pero unha vez abolida a explotación directa dos traballadores polos capitalistas, a clase traballadora non se debe chamar "proletariado".

36. Segundo esta análise, os explotadores do traballo alleo xa non existian. Os traballadores, que agora dirixian o país no seu próprio interese através do Partido Bolchevique, non eran xa o clásico proletariado. Xa que logo, a "ditadura do proletariado" xa non era un conceito pertinente. Esas novas condicións supuñan un novo tipo de estado. (Zhukov, Inoy, 231;292; Stalin, "Draft" 800-1).

A Loita contra a Burocrácia

37. Os líderes do Partido tamén estaban preocupados polo papel do Partido neste novo estádio do socialismo. Stalin enfrontou a loita contra o "burocratismo" xa desde xaneiro de 1934, no seu Informe ao XVIIº Congreso do Partido.(10) Stalin, Molotov e outros dirixentes denominaron o novo sistema eleitoral como "arma contra a burocratización".

38. Os líderes do Partido controlaban o governo, tanto decidindo quen entraba nos Soviets como exercendo diversas formas de fiscalización sobre eles. Molotov, dirixindo-se ao VIIº Congreso dos Soviets, o 6 de fevreiro de 1935, afirmou que as eleizóns secretas "golpearán con grande forza aos elementos burocráticos, propinando-lles un útil toque de atención". O informe de Yenukidze non recomendaba, nen indicaba, eleizóns secretas nen a ampliación dos direitos civís. (Stalin, Informe ao XVIIº Congreso do P.C.; Zhukov, Inoy 124)

39. Os ministros e os seus colaboradores tiñan que coñecer os asuntos dos que se encarregaban se querian ser eficaces na produción. Isto significaba educacion, e tamén coñecimentos técnicos no seu campo. Pero os líderes do Partido fixeron a miúdo as suas carreiras só através do ascenso polos escalóns do Partido. Non se precisaba moito coñecimento técnico para esa clase de ascenso. Máis ben eran necesários critérios políticos. Estes funcionários do Partido exerceron o controlo, ainda que lles faltaban os coñecimentos práticos que, teóricamente, lles facilitarian unha óptima supervisión. (Stalin-Howard Entrevista, Zhukov, Inoy, 305; Zhukov, "Represii" 6)

40. Isto era, aparentemente, o que a dirección de Stalin entendia por "burocratismo". Mália ser visto como algo perigoso -no que coincidian con todas as correntes marxistas- non o considerában inevitábel. Coidaron que podia ser derrotado modificando o papel do Partido nunha sociedade socialista.

41. O conceito de democrácia que Stalin e os seus seguidores na dirección do Partido desexaban aplicar na Unión Soviética incluia un cámbio cualitativo no papel do Partido Bolchevique no seo da sociedade.

Os documentos postos a disposición dos investigadores permiten comprender que xa a finais da década dos 30, houbo intentos de separación entre o Partido e o Estado, e de limitar o papel do Partido na vida do país. (Zhukov, Tayny 8)

Stalin e os seus continuaron a loita contra a oposición doutros elementos no Partido Bolchevique, con resolución, ainda que con cada vez menos posibilidades de vitória, até a morte de Stalin en 1953. A decisión de Lavrentii Beria de continuar esta loita semella ser a auténtica causa da sua morte a man de Khruchev e os seus colaboradores, ben de forma xudicial, através dun proceso baseado en acusacións inventadas en decembro de 1953, ou ben -como moitas probas indican- mediante o simples asasinato, en xuño dese mesmo ano.

42. O Artigo 3 da Constitución de 1936 manifesta: "Na URSS todo o poder pertence aos traballadores da cidade e do campo, representado polos Soviets de Deputados Obreiros". O Partido Comunista menciona-se no Artigo 126 como "a avangarda da clase obreira na loita por reforzar e desenvolver o sistema socialista, é o núcleo dirixente de todas as organizacións de traballadores, tanto estatais como públicas". Noutras palavras, o Partido dirixia "organizacións", pero non os órgaos lexislativos ou executivos do Estado. (Constitución de 1936; Zhukov, Tayny 29-30)

43. Semella que Stalin coidou que, unha vez apartado o Partido do controlo directo sobre a sociedade, o seu papel debia limitar-se á axitación e á propaganda, e a participación na selección de cadros. Que significaria isto? Quizais algo como o seguinte:

- O Partido regresaria a sua función esencial de gañar á xente para os ideais do comunismo.

- Isto significaria a fin dos traballos cómodos, e o regreso ao estilo de traballo duro que caracterizou aos bolcheviques durante o zarismo, a Revolución, a Guerra Civil, o periodo da NEP e a non menos dura etapa dos planos de industrialización e colectivización. Era algo necesário para conseguir unha base real entre as masas. (Zhukov, KP Nov. 13 02; Mukhin, Ubiytvo)

44. Stalin insitia en que os comunistas tiñan que ser xente afeita ao traballo duro, cultos, capaces de facer unha contribución positiva á produción e á criazón da sociedade comunista. O mesmo Stalin foi un incansábel estudoso.(11)

45. Resumindo, as probas indican que Stalin consideraba o novo sistema eleitoral apropriado para cumprir os seguintes obxectivos:

- Asegurar que a dirección da produción, e de toda a sociedade soviética, estiveran nas mans de xente técnicamente preparada.

- Deter a dexeneración do Partido Bolchevique, e facer regresar aos militantes do Partido, especialmente aos seus líderes, ás suas función primárias: protagonizar o liderazgo no político e no moral, mediante o exemplo e a persuasión ao resto da sociedade.

- Reforzar o traballo do Partido entre as masas.

- Granxear o apoio dos cidadáns para o governo.

- Criar as bases para unha sociedade sen clases e comunista.

A Derrota de Stalin

46. Durante 1935, baixo o mandato de Andrei Vyshinski, Fiscal Xefe da URSS, moitos cidadáns que foran exilados, que foran encarcerados e -o fundamental para o noso estudo- foran privados do direito ao voto, recuperaron os seus direitos. Centenares de miles de antigos kulaks, granxeiros ricos que foran a diana da colectivización, e aqueles que foran encarcerados ou expulsados do país por opoñer-se á colectivización, foron liberados. Vyshinski critiou duramente ao NKVD (Comisariado Popular para Asuntos Internos) pola "enorme cantidade de erros e equivocacións" na deportación de case 12.000 peroas de Leningrado após o asasinato de Kirov en decembro de 1934. Declarou que en adiante o NKVD non poderia deter a ninguén sen autorización prévia do fiscal. A povoación con direito a voto medrou en centenares de miles de persoas que tiñan motivos para pensar que o Estado e o Partido foran inxustos con eles. (Thurston 6-9; Zhukov, KP Nov 14. 19 02 Zhukov, Inoy 187; Zhukov, "Represii" 7)

47. Orixinalmente, entre as intencións de Stalin para a nova Constitución non estaba a da participación de todas as forzas políticas. Declarou-no na sua entrevista con Roy Howard o 1 de marzo de 1936. No Pleno do Comité Central de xuño de 1937, Yakovlev -un dos membros do Comité Central que, xunto con Stalin, máis traballara no deseño da nova Constitución (Zhukov, Inoy 223)- afirmou que a idea de eleizóns abertas fora feita por Stalin. Esta suxestión atopou-se cunha ampla oposición por parte dos líderes rexionais do Partido, dos Primeiros Secretários, ou a "partitocrácia", como Zhukov os denominaba. Após a entrevista con Howard non houbo nen tan sequer un apoio nominal á declaración de Stalin sobre eleizóns abertas nos principais xornais, a maioria sob o controlo directo do Politburó. O Pravda publicou tan só un artigo, o 10 de marzo, e non mencionou o tema das eleizóns.

48. De todo isto, Zhukov deduce:

"Isto só podia significar unha cousa. Non só o "amplo liderazgo" (os Primeiros Secretários rexionais) senón cando menos unha parte do aparello do Comité Central, non aceitaron as inovacións de Stalin, e non quixeron aprobar, nen sequer de xeito nominal, as eleizóns, un perigo para moitos que, como se deducia das palavras de Stalin que o Pravda subliñou, ameazaba a posición e o poder dos Primeiros Secretários, os Comités Centrais dos partidos comunistas das nacionalidades, e os comités rexionais de cidade e de áreas.” (Inoy, 211)

49. Os Primeiros Secretários mantiñan os cargos, sen poder ser expulsados en nengunha eleizón. O imenso poder do que gozaban procedia do controlo do Partido sobre cada un dos aparellos económicos e estatais: koljoses, fábricas, educación, exército... O novo sistema eleitoral privaria aos Primeiros Secretários da sua condición de delegados nos Soviets, e impediria que pudesen elexer delegados ao seu gosto. Unha derrota deles, ou dos seus "candidatos" (os candidatos do Partido) nas eleizóns aos Soviets seria un toque de atención sobre o seu labor. Un Secretário cuxos candidatos perdesen fronte aos candidatos non pertencentes ao Partido evidenciaria a sua feble ligazón coas masas. Durante as campañas, os candidatos opositores centrarian as suas críticas en temas centrais como a corrupción, o autoritarismo ou a incompeténcia dos candidatos do Partido. Os candidatos derrotados amosarian as suas feblezas como comunistas, o que conduciria probábelmente á sua remozón no posto. .(Zhukov KP Nov. 13 02; Inoy 226; cf. Getty, "Excesses" 122-3)

50. Os líderes vetaranos do Partido acumulaban moitos anos de militáncia, veteranos dos perigosos dias do tzarismo, da Revolución, da Guerra Civil e da colectivización, cando ser comunista conlevaba numerosos perigos e dificuldades. Moitos deles tiñan unha pobre formación académica. A diferenza de Stalin, Kirov ou Beria, a meirande parte deles ou non tiñan ganas ou non podian "refacer-se a si mesmos" através da auto-educación. (Mukhin, Ubiystvo 37; Dimitrov 33-4; Stalin, Zastol'nye 235-6)

51. Todos estes militantes eran desde sempre os defensores das políticas de Stalin. Foran os que levaran adiante a dura colectivización do campesiñado, na que centenares de miles foran deportados. Durante os anos 1932 e 1933 moita xente, quizais tres millóns de persoas, morreron ou de fame, unha fame orixinada por causas naturais e non humanas que fixo ainda máis dura a expropriación e a colectivización do cereal para o campesiñado, ou morreron nos levantamentos armados dos campesiños (que tamén causaron moitas vítimas entre os bolcheviques). Estes líderes do Partido estiveran ao mando da industrialización acelerada, que se deu nunha pobres condicións de vida (poucos alimentos, pésimas vivendas, paupérrimos coidados médicos, salários baixos, etc.).

52. Agora, cunhas eleizóns nas que podian participar aqueles que até ese momento estaban privados do direito ao voto por ter combatido as políticas soviéticas, era probábel que moitos militantes veteranos temeran que estes novos eleitores votasen contra os seus candidatos ou calquer outro candidato bolchevique. A derrota dos seus candidatos puña en perigo o poder e os priviléxios cos que contaban. (Zhukov, KP Nov. 13 02; 1936 Const., Ch. X; cf. Getty, "Excesses" 125, sobre a importáncia do sentimento relixioso no país)

Xuízos, Conspiracións, Represión

53. Os planos para a nova Constitución e as eleizóns foran tratados polo Pleno do Comité Central de xuño de 1936. Os delegados aprobaron por unanimidade o borrador constitucional. Mais ninguén dixo nada a prol do mesmo. Este fracaso en dar cando menos un apoio ritual a unha proposta de Stalin indicaba certamente unha "oposición latente da dirección ampliada", unha "evidente falla de compromiso" (Zhukov, Inoy 232, 236; "Repressii" 10-11)

54. Durante o VIIIº Congreso dos Soviets de toda Rúsia, nos meses de novembro e decembro de 1936, Stalin e Molotov insitiron de novo na importáncia de ampliar o direito ao voto e dunhas eleizóns secretas e abertas. Na liña do espírito da entrevista de Stalin con Howard, Molotov realzou os efectos beneficiosos, para o Partido, de permitir candidatos non comunistas aos Soviets:

"Este sistema... non pode facer outra cousas que golpear a quen se move no burocratismo, facilitando a promoción de novas forzas... ten-se que potenciar para mudar os elementos máis atrasados ou burocratizados. Sob esa nova forma de eleizóns, é posíbel a elizóns de elementos inimigos. Mais incluso este perigo, en última instáncia, ten que axudar-nos, xa que servirá de látego para aquelas organizacións que o precisen, e para os traballadores (do Partido) que ficaron durmidos." (Zhukov, "Repressii" 15)

55. O próprio Stalin foi máis aló:

"Algúns din que isto é perigoso, xa que os elementos hostís ao poder soviético poderian chegar aos níveis máis altos, algúns dos antigos gardas brancos, kulaks, sacerdotes, etc. Mais, que hai que temer? Se tes medo dos lobos, non camiñes no bosque. Por unha banda, non todos os antigos kulaks, gardas brancos e curas son hostís ao poder soviético. Por outra, se o povo se decanta alí ou aquí por forzas hostís, isto significará que o noso traballo de axitación está pobremente organizado, e que merecemos esta desgraza.” (Zhukov, Inoy 293; Stalin, "Draft")

56. Novamente, os Secretários Primérios demostraron unha tácita hostilidade. O Pleno do Comité Central de decembro de 1936, cuxas sesións coincidiron coas do Congreso, reuniu-se o 4 de decembro. Pero non houbo nengunha discusión do primeiro ponto da orde do dia, o borrador da Constitución. O informe de Yezhov, "Sobre as organizacións antisoviéticas de direta e trotkistas" estaba moito máis perto das preocupacións dos membros do Comité Central. ("Fragmenty” 4-5; Zhukov, Inoy 310-11)

57. O 5 de decembro de 1936 o Congreso aprobou o borrador da nova Constitución, ainda que non houbo realmente discusión. Pola contra, os delegados (líderes do Partido) enfatizaron as ameazas dos inimigos exteriores e interiores. Máis que discursos de aprobación da Constitución, (tema principal sobre o que informou Stalin) os delegados Molotov, Zhdanov, Litvinov e Vyshinsky ignoraron virtualmente o tema da Constitución. Nomeou-se unha comisión para o posterior estudo do borrador constitucional, sen decidir nada sobre as eleizóns abertas. (Zhukov, Inoy 294; 298; 309)

58. A situación era efectivamente moi tensa. A vitória dos fascistas na Guerra Civil do Estado español era só cuestión de tempo. A Unión Soviética estaba arrodeada por poténcias hostís. Na segunda metade da década dos anos 30 absolutamente todos eses países eran reximes abertamente autoritários, militaristas, anticomunistas e antisoviéticos. En outubro de 1936, Finlándia disparou contra a fronteira soviética. Ese mesmo mes nace o eixo Berlín-Roma, entre Hitler e Mussolini. Un mes máis tarde, Xapón une as suas forzas á Alemaña nazi e á fascista Itália para formar o Pacto Anti-Komintern. Os esforzos soviéticos para formar alianzas militares contra a Alemaña nazi atopou o rexeitamento das capitais ocidentais. (Zhukov, Inoy 285-309)

59. Na época na que o Congreso trataba a nova Constitución, tiveron lugar os dous principais xuízos de Moscova. Zinoviev e Kamenev foron xulgados xunto a outros en Agosto de 1936. O segundo xuízo, en xaneiro de 1937, afectaba a algúns dos principais seguidores de Trotsky, dirixidos por Yuri Piatakov, que até habia ben pouco fora o Comisário Delegado de Indústria Pesada. (12)

60. O Pleno do Comité Central de fevreiro-marzo de 1937 puxo de manifesto as contradicións dentro da dirección do Partido: a loita contra os inimigos internos, e a necesidade de preparar eleizóns abertas e secretas baixo a nova Constitución para finais de ano. O descobrimento paulatino de máis e máis grupos conspirando para derrocar o governo soviético demandou accións policiais. Pero a preparación de eleizóns auténticamente democráticas, e a mellora na democrácia interior do Partido (tema continuamente apoiado polos máis cercanos a Stalin dentro do Politburó) requeria precisamente o contrário: impulso á crítica e á autocrítica, eleizóns secretas dos líderes do Partido e rematar coa "cooptazón" por parte dos Primeiros Secretários.

61. Este Pleno, o máis longo na história da URSS, prolongou-se duas semanas. Mais nada disto soubemos até 1992, cando a voluminosa transcrición do Pleno comezou a publicar-se no Voprosy Istorri, publicación que se prolongou durante catro anos.

62. O informe de Yezhov para continuar as investigacións sobre as conspiracións no país foi ensombrado por Nikolai Bukharin, quen, através de elocuentes confesións de pasadas deslealdades, tentaba distanciar-se dos seus antigos aliados, asegurando o seu compromiso co governo soviético, mais que só lle valeu para se culpar el mesmo posteriormente. (Thurston, 40-42; Getty e Naumov confirman este ponto.563)

63. Tres dias despois, Zhadanov falou da necesidade dunha maior democrácia tanto no país como no Partido, invocando a loita contra a burocrácia e a necesidade de lazos máis fortes coas masas.

"O novo sistema eleitoral dará un poderoso impulso cara a mellora no traballo dos organismos soviéticos, a liquidación de institucións burocráticas, a eliminación de defectos burocráticos e a deformación no traballo das organizacións soviéticas. Eses defectos, como vosté sabe, son moi importantes. Os organismos do noso Partido deben estar preparados para a loita eleitoral. Nas eleizóns teremos que tratar coa axitación dos inimigos e con candidatos inimigos." (Zhukov, Inoy 343)

64. Non hai dúvida, como voceiro da dirección estalinista, previa contendas eleitorais con candidatos non pertencentes ao Partido e opostos aos procesos que se daban na Unión Soviética. Só este feito xa afunde as versións da Guerra Fria e as explicacións khruchevistas.

65. Zhdanov tamén recalcou durante longo tempo a necesidade de desenvolver normas democráticas dentro do mesmo partido bolchevique.

"Se queremos o respeito dos traballadores soviéticos e do Partido ás nosas leis, das masas á Constitución soviética, temos que garantir a renovación do Partido sobre a base do estabelecimento das bases da democrácia interna, como se reflicte nos regulamentos do noso Partido.

"Enumero a continuación as medidas esenciais, xa contidas no proxecto de resolución do seu informe: a eliminación da cooptazón, a proibición das votacións a man alzada; garantir o direito ilimitado dos membros do Partido a apartar aos candidatos eleitos e o direito ilimitado para criticar a estes candidatos".
(Zhukov, Inoy 345)

66. O informe de Zhdanov afundiou-se, porén, entre as discusións doutros pontos da orde do dia, principalmente discusións sobre os "inimigos". Certo número de Primeiros Secretários respostaron alarmados que algúns dos candidatos que se preparaban ou se supuña que se preparaban para as eleizóns soviéticas eran contrários ao poder soviético: social-revolucionários, sacerdotes e outros "inimigos". (12)

67. Molotov replicou resaltando, máis unha vez, "o desenvolvimento e o reforzamento da autocrítica", opoñendo-se directamente á "busca de inimigos":

"Non ten sentido buscar culpábeis, camaradas. Se queredes, todos somos culpábeis, comezando polos órgaos centrais do Partido e acabando polas organizacións de base". (Zhukov, Inoy 349)

68. Mais as posteriores intervencións ignoraron o seu informe, teimando na procura de "inimigos", na denúncia de "sabotadores", e a loita contra a "sabotaxe". Na seguinte intervención de Molotov, este asombrou-se da nula atención que despertou o fondo da sua intervención, que volveu repetir, após resumir o que se estaba facendo contra dos inimigos internos.

69. O discurso de Stalin do 3 de marzo volvia recalcar a necesidade de mellorar o traballo do Partido, suprimindo aos incapaces, buscando novos camaradas. Como o de Molotov, o discurso de Stalin foi virtualmente ignorado.

Desde o comezo das discusións, os temores de Stalin foron comprensíbeis. Semellaba estar illado por unha parede xorda de incomprensión, de falla de vontade dos membros do Comité Central. que ouviron do informe tan só o que querian ouvir, e discutiron só o que querian discutir. Das 24 persoas que participaron nas discusións, 15 falaron principalmente sobre os "inimigos do povo", é dicer, os trotskistas. Falaron con convicción, con agresividade, como o fixeron tras os informes de Zhdavon e Molotov. Reduciron todos os problemas a un: a necesária busca de "inimigos". E ninguén retomou o principal ponto de Stalin, sobre o mal funcionamento do traballo nas organizacións do Partido e a preparación para as eleizóns do Soviet Supremo. (Zhukov, Inoy, 357)

71. No seu discurso final do 5 de marzo, último dia do Pleno, Stalin minimizou a necesidade de atopar inimigos, incluso trotskistas, moitos dos cais, segundo afirmou, regresaran ao Partido. O seu ponto principal foi a necesidade de impedir aos funcionários do Partido dirixir todos e cada un dos aspectos económicos, combater a burocrácia e elevar o nível político. É dicer, Stalin apostou por elevar o nível de crítica aos Secretários. "Algúns camaradas pensan que sendo eles Comisários Populares, saben todo o que hai que saber. Coidan que o posto, por si mesmo, garante grandes e inacabábeis coñecimentos. Ou ben pensan: "se son un membro do Comité Central, non o son por accidente, xa que logo, significa que o sei todo". Iso non é así.” (Stalin, Zakliuchitel'noe; Zhukov, Inoy 360-1)

72. Algo que soaba ameazante para todos os dirixentes do Partido, incluíndo aos Primeiros Secretários, foi a afirmación de Stalin de que deberian elexer dous cadros para reemprazá-los namentres participaban no curso de educación politica que teria lugar durante seis meses. Esta substitución era perigosa para os Secretários do Partido, que temian que durante ese espazo de tempo fosen destinados a outros lugares, rachando deste xeito a estrutura do seu "clan" (outros dirixentes ao seu servizo), unha das primeiras causas da burocrácia. (Zhukov, Inoy 362)

73. Thurston define o discurso de Stalin como "notábelmente suave", defendendo "a necesidade de aprender das masas, e de emprestar atención ás críticas de abaixo". Incluso a resolución no informe de Stalin tocaba só superficialmente o tema dos "inimigos", trantando principalmente dos erros na organización do Partido e na sua dirección. Segundo Zhukov, que menciona esta resolución non publicada, nen un só dos seus 25 pontos estaba relacionada principalmente cos "inimigos". (Thurston, 48-9; Zhukov, Inoy 362-4)(14)

74. Após o Pleno, os Primeiros Secretários protagonizaron virtualmente unha rebelión. Primeiro Stalin, e despois o Politburó, emitiron mensaxes lembrando a necesidade de efectuar votacións secretas no seo do Partido, opor-se á conduta de cooptazón favorecendo as eleizóns, e a necesidade de xeralizar a democrácia interna no Partido. Os Primeiros Secretários continuaron a facer as cousas como antes, independentemente das resolucións do Pleno.

75. Nos meses posteriores, Stalin e os seus colaboradores máis achegados tentaron que a caza dos "inimigos" non fose a principal preocupación dos membros do Comité Central, insistindo na loita contra a burocrácia no Partido, e en preparar as eleizóns ao Soviet. Mentres "os líderes locais do Partido fixeron todo o que a disciplina do Partido lles permitia, e as veces un chisco máis, para suspender ou retrasar as eleizóns". (Getty, "Excesses" 126; Zhukov, Inoy 367-71)

76. O repentino descobrimento, en abril, maio e primeiros dias de xuño de 1937, do que aparentemente era un amplo compló militar e policial fixo medrar o pánico no governo de Stalin. Genrikh Yagoda, director da seguridade e Ministro de Interior, foi arrestado a finais de marzo de 1937, empezando a confesar en abril. En maio e princípios de 1937, militares de alto rango confesaron a sua conxura co alto mando alemán para derrotar ao Exército Vermello no caso dunha invasión por parte de Alemaña e dos seus aliados. Tamén confesou as suas relacións de natureza conspirativa con políticos, incluídos moitos que ocupaban posicións destacadas. (Getty, "Excesses" 115, 135; Thurston, 70, 90, 101-2; Genrikh IAgoda)(15)

77. Esta situación era moito máis séria que todas as anteriores. Durante os xuízos de Moscova de 1936 e 1937, o governo tomou-se o seu tempo para preparar os procesos e organizar uns xuízos públicos dotados da máxima publicidade. Pero esta conxura militar foi tratada de xeito moi diferente. Pouco máis de tres semanas pasaron desde a data de detención de Mikhail Tukhachevsky, finais de maio, até o xuízo e execución deste e doutros sete militares de alto rango os dias 11 e 12 de xuño. Durante este periodo, centenares de miles de mandos militares foron requeridos en Moscova para escoitar as probas contra os seus colegas -os seus superiores, para a meirande parte deles- e para escoitar as alarmantes análises de Stalin e do mariscal Voroshilov, Comisário do Povo para a Defensa, o militar de maior gradazón no país.

78. Nas datas do Pleno, fevreiro e marzo, nen Yagoda nen Tukhachevsky foran ainda arrestados. Stalin e o Politburó tiñan como obxectivo que a Constitución fose o principal ponto da axenda, colocando-se á defensiva ante o feito de que a maioria dos integrantes do Comité Central, ignorando este ponto, insistiran na batalla contra os "inimigos". O Politburó planexou que as reformas constitucionais forsen tamén o ponto esencial do seguinte pleno a celebrar en xuño de 1937. Pero a situación en xuño era moi diferente. O descobrimento de complós na dirección do NKVD e entre moitos destacados líderes militares para derrubar o governo e matar aos seus dirixentes, mudou totalmente o clima político.

79. Stalin puxo-se á defensiva. No seu discurso do 2 de xuño á sesión ampliada do Soviet do Exército (reunido do 1 ao 4 de xuño), descrebeu as recentemente descobertas conspiracións(16) como "limitadas", e tratadas cun grande éxito. Tamén no Pleno de fevreiro-marzo, el e os seus apoios no Politburó minimizaron as amplificadas preocupacións dos Primeiros Secretários sobre os "inimigos internos". Mais, como subliña Zhukov, a situación "lenta pero decisivamente ia escapando das suas mans (de Stalin)". (Stalin, "Vystuplenie"; Zhukov, Inoy Ch. 16, passim; 411)

80. O Pleno do Comité Central de xuño de 1937 (17) empezou coas propostas de reprobación, en primeiro lugar, de sete integrantes do Comité Central e candidatos por "falta de confianza política", e despois coas de 19 máis por "traición e actividades contrarrevolucionárias". Estes 19 foron arrestados polo MKVD. Outros dez membros máis do Comité Central foron expulsados por acusacións da mesma natureza.

81. Yakovlev e Molotov criticaron o fracaso dos dirixentes do Partido en organizar eleizóns independentes aos Soviets. Molotov defendou incluso a medida de apartar do camiño a revolucionários distinguidos de non estaren preparados para as tarefas do momento. Insistiu en que os dirixentes dos Soviets non eran "traballadores de segunda fila". Evidentemente, os dirixentes do Partido estaban a tratá-los dese modo.

82. Yakovlev argumentou e criticou o fracaso dos Primeiros Secretários á hora de efectuar eleizóns secretas para os postos do Partido, apoiando-se, polo contra, nos nomeamentos ("cooptazón"). Destacou a necesidade de que os membros do Partido eleitos nos Soviets non estiveran ás ordes de grupos do Partido, fora dos Soviets, que condicionaran as suas posicións. Que o seu voto non fose o sinalado polos seus superiores no Partido, como os Primeiros Secretários. Tiñan que ser independentes. Yakovlev utilizou os termos máis duros para se referir á necesidade de "botar man da moi rica reserva dos novos cadros para subtituir a aqueles corrompidos ou burocratizados". Todas estas afirmacións constituen un ataque explícito aos Primeiros Secretários.(Zhukov, Inoy 424-7; Tayny, 39-40, citando documentos de arquivo)

83. A Constitución foi finalmente completada, fixando-se o 12 de decembro de 1937 como data das primeiras eleizóns. Os dirixentes achegados a Stalin argumentaron, máis unha vez, as avantaxes da loita contra a burocrácia e de criar lazos coas masas. Porén, todo isto foi posterior á expulsión sumária e sen precedentes dos 26 membros do Comité Central da que falamos no ponto 80. (Zhukov, Inoy 430)

84. Quizais o máis revelador sexa a seguinte observación de Stalin, comentada por Zhukov:

"Finalizando as discusións, cando o tema era a busca dun método máis fiábel para o reconto de papeletas, (Stalin) comentou que en Ocidente, grazas a un sistema multipartidista, este problema non existia. Imediatamente despois, murmurou unha frase bastante rara para un encontro dese tipo: "Nós non temos partidos políticos diferentes. Afortunada ou desafortunadamente temos só un partido." (Subliñado por Zhukov) Para pasar a propoñer, anque só provisionalmente, utilizar para o reconto e supervisión a membros de todas as organizacións sociais existentes, menos as do Partido Bolchevique... O desafio á autocrácia do Partido estaba sobre a mesa". ( Zhukov, Inoy 430-1; Tayny 3)

85. O Partido Bolchevique padecia unha grave crise, sendo imposível pensar que as cousas se desenvolverian con suavidade. Era a peor situación posíbel para organizar unhas eleizóns democráticas (secretas, universais, abertas). A idea de Stalin de reformar o governo soviético e o papel do Partio Bolchevique nesa reforma estaba condenado.

86. Finalizando o Pleno, Robert Eikhe, Primeiro Secretário da rexión do Krai, no oeste siberiano, falou en privado con Stalin, como tamén o fixeron outros Primeiros Secretários. Probabelmente, solicitaron os poderes que pouco despois obtiveron: a autorización para formas troikas, grupos de tres dirixentes organizados para combater a posibilidade de conxuras contra o governo soviético nas suas rexións. (Estas troikas receberon o poder de execución sen apelación. Impuxeron-se límites no número de executados e prisioneiros baseando-se no poder destas troikas. Cando estes límites foron esgotados, os Primeiros Secretários solicitaron límites superiores, petición que foi concedida. Zhukov pensa que Eihke podia estar representando a un grupo informal de Primeiros Secretários. (Getty, "Excesses" 129; Zhukov, Inoy 435)

87. Quen foron os obxectivos destes draconianos xuízos por parte destas troikas? Zhokov pensa que foron os lishentsy, aqueles cuxos direitos de cidadania, incluindo o direito a voto, foran recentemente restaurados, e que supuñan potencialmente o maior perigo para a continuidade no poder dos Primeiros Secretários. Zhukov descarta totalmente a existéncia de conspiracións reais. Pero os documentos de arquivo recentemente publicados evidéncian que, como mínimo, a dirección central estaba continuamente recebendo informes de conspiracións, incluindo transcricións de confesións. Stalin e outros, certamente, acreditaron nestas conspiracións. A miña opinión é que cando menos algunhas das conspiracións foron reais, e que os Primeiros Secretários creron nelas.(Zhukov, KP Nov. 13 02; Inoy, Ch. 18; "Repressii" 23; Lubianka B)

88. Outra hipótese é que calquer que estivera relacionado con calquer clase de movimento opositor era clementemente contemplado como "inimigo", e suxeito a detención e interrogatório por parte do NKVD, un de cuxos membros era sempre parte da troika. Outro grupo eran aqueles que expresaron abertamente desconfianza ou ódio cara ao sistema soviético en conxunto. Thurston cita probas de que estes indivíduos eran imediatamente arrestados. Porén, aqueles que manifestaban críticas aos líderes locais do Partido non eran molestados, mentres que os criticados, incluindo membros do Partido, ás veces si que o eran. (Thurston, 94-5)

89. Por tanto, contra aqueles que argumentan que as conxuras foron ilusións na mente paranoica de Stalin ou, ainda peor, mentiras destinadas a reforzar a sua obsesión megalómana co poder, hai probas de abondo que demostran a existéncia de conspiracóns reais. Os relatos dos conspiradores que conseguiron sair máis tarde da URRS confirman isto. A numerosa documentación policial sobre estas conspiracións, moi pouca publicada, é un poderoso argumento contra a teoria de que todo foi unha montaxe. É máis, as anotacións de Stalin nestes documentos reafirman o feito de que pensaba que eran certas. (Getty, "Excesses" 131-4; Lubianka B)

90. Getty resume esta contradición da seguinte maneira:

“Stalin ainda non era partidário de retirar as eleizóns, e o 2 de xullo de 1937 o Pravda desautorizou claramente aos secretário rexionais publicando o primeiro decreto das novas reglas eleitorais, animando e apoiando as eleizóns secretas e universais. Pero Stalin lanzou un compromiso. O mesmo dia que se publicou a lei eleitoral, o Politburó aprobou unha campaña masiva contra, precisamente, os elementos dos que se queixaran os líderes locais, e horas máis tarde, Stalin enviou un telegrama aos líderes provinciais do Partido ordenando a Operación Kulak (contra os lishentsy, G.F.). É difícil evitar a conclusión de que a cámbio de obrigar aos líderes locais do Partido a participar nas eleizóns, Stalin decidiu axudá-los a gañar dando-lles licenza para eliminar ou deportar a centenares de miles de "elementos perigosos". ("Excesses" 126)

91. Independentemente de cal fose a história destas purgas, execución extra-xudiciais e deportacións, parece que Stalin pensaba que se estaban criando as condicións para unhas eleizóns livres e abertas. Porén, estas accións minaron calquer posibilidade dunhas eleizóns de calquer tipo.

92. O Politburó intentou nun primeiro momento limitar a campaña de represión ordenando que rematase en cinco dias. Ainda que non sabemos a razón, se foi por convencimento ou por ver-se obrigados, o certo é que o NKVD tivo permiso para ampliar este periodo a catro meses, de agosto a decembro. Foi polo alto número de detidos? Polo convencimento da existéncia de numerosas conxuras que constituian unha grande ameaza interna? Non coñecemos os detalles desta represión masiva.

93. Iste era precisamente o perido no que ia ter lugar a campaña eleitoral. Pésie a que o Politburo continuou a organizar estas eleizóns, regulamentado o sistema de votación e informando aos funcionários de como tiñan que actuar, os xefes locais controlaban a represión. Así, estes podian determinar que oposición ao Partido (a eles mesmos) se podia considerar "leal" e cal era merecedora de represión. (Getty, "Excesses," passim.; Zhukov, Inoy 435)

94. Existen documentos orixinais que demostran que Stalin e os seus achegados no Politburó estaban convencidos de que os conspiradores antisoviéticos estaban activos, e de que se tiñan que enfrontar a eles. Isto foi o que afirmaron os líderes rexionais do Partido durante o Pleno de fevreiro-marzo. Nestas datas a dirección de Stalin minimizaba o perigo, e mantiña a atención na Constitución, na necesidade de preparar eleizóns e o recámbio do burocratizado e vello liderazgo por outro formado por novos líderes.

95. Para o Pleno de xuño, os secretários rexionais estaban nunha posición desde a que podian dicer: "Estabas avisado. Tíñamos razón, e ainda a temos; hai perigosos conspiradores activos, listos para utilizar a campaña eleitoral co propósito de provocar revoltas contra o governo soviético". Foi así como sucederon as cousas? Semella posíbel, pero non podemos estar seguros.

96. Stalin e a dirección central non coñecian a extensión destas consiparicóns. Non sabian o que podian facer os nazis alemáns e os fascistas xaponeses. O 2 de xuño, no Encontro ampliado do Soviet Militar, Stalin afirmou que o grupo de Tukhachevsky proporcionara ao Alto Mando alemán os planos operativos do Exército Vermello. Isto significaba que os xaponeses, unidos por unha alianza militar (o Eixo) e unha alianza política anticomunista (o Pacto Anti-Komintern; en realidade, un pacto antisoviético) coa Itália fascista e a Alemaña nazi, tamén os terian.

97. Stalin dixo aos líderes militares que os conxurados querian converter á URSS noutro Estado español, é dicer, unha Quinta Coluna coordenada cun exército fascista invasor. Dado este terríbel perigo, a dirección soviética estaba decidida a reaccionar cunha determinación brutal. (Stalin, "Vystuplenie")

98. Ao mesmo tempo, moitas probas apontan a que o mando central (Stalin) queria reducir a represión das troikas impulsada polos Secretários rexionais e continuar integrando as eleizóns na nova Constitución. Do 5 ao 11 de xullo a maioria dos Secretários copiou a iniciativa de Eikhe de comunicar cifras precisas dos represaliados, meiante execución (categoria 1) ou encarceramento (categoria 2). De supeto, o 12 de xuño, o Comisário delegado do NKVD, Frinovskii, enviou un telegrama urxente a todas as oficinas da policia local: "Non inicien operacións de represión contra antigos kulaks, Repito, non as inicien". (Getty, "Excesses" 127)

99. Despois de que os xefes locais do NKVD foron reclamados en Moscova para conferenciar, foi emitida a orde número 447. Esta longa e detallada instrucción ampliaba o campo de represión (basicamente curas opostos con anterioridad ao sistema soviético e criminais), ainda que, polo xeral, "diminuia os límites e as cifras requeridas polos secretários provinciais".(19) Todas estas vacilacións fan pensar en desacordos e loitas entre o "centro" -Stalin e os seus achegados no Politburó- e os Secretários provinciais. Non hai dúvida de que Stalin non tiña o mando. ( Order No. 00447; Getty, "Excesses" 126-9)

100. O Pleno do Comité Central de outubro de 1937 foi o da suspensión definitiva do proxecto para unhas eleizóns abertas. Un modelo de candidaturas, con diversos candidatos, fora xa deseñada. Conservan-se bastantes en diferentes arquivos.(20) Como substitución estabeleceu-se que, para as eleizóns aos Soviets de decembro de 1937, os candidatos do Partido compartirian as listas cunha porcentaxe de candidatos alleos ao Partido de entre o 20 e o 25%. Zhukov localizou nos arquivos o documento orixinal no que Molotov, o 11 de outubro ás seis da tarde, cancelaba as eleizóns abertas. Esto representou unha derrota para Stalin e os seus seguidores no Politburó.(Zhukov, KP 19 Nov. 02; Zhukov, Tayny. 41; Inoy 443)

101. Foi tamén no Pleno do Comité Central cando se pronunciou a primeira protesta contra a represión masiva, por parte do Primeiro Secretário de Kursk, Peskarov:

"Eles (o NKVD?, as troikas? G.F.) condenan á xente por minudéncias... ilegalmente, e cando nós levamos a cuestión ao Comité Central, recebemos o decidido apoio dos camaradas Stalin e Molotov, que envian unha brigada de funcionários da Corte Suprema e da Oficina do Fiscal para revisar estes casos... Co resultado de que, após tres semanas de traballo desta brigada, o 56% destas senténcias en 16 rexións son consideradas ilegais. Ainda máis, no 45% destas senténcias non existiron probas de que se cometera nengún delicto". (Zhukov, Tayny, 43)

102. No Pleno de xaneiro de 1938, Makenkov apresentou unha punxente crítica da gran cantidade de membros do Partido expulsados e de cidadáns xulgados, a miúdo incluso sen proporcionar listas de nomes, senón só indicando o número de expulsados. Postyshev, Primeiro Secretário de Kuybyshev, foi eliminado como candidato ao Politburó por manter que "non habia nengún elemento honrado" entre todos os funcionários do Partido.

103. Semella que o NKVD funcionaba independentemente, cando menos nalgunhas zonas. Sen dúvida, os Primeiros Secretários tamén o facian así. (Zhukov, KP 19 Nov. 02; Tayny, pp. 47-51; Thurston 101-2; 112) Porén, a preocupación dos líderes do Politburó era a existéncia de conspiradores. A magnitude dos abusos do NKVD non foi recoñecida. Como indica Zhukov, o informe de Malenkov (culpando aos arrivistas no interior do Partido das expulsións masivas e detencións) foi continuado por Kaganovich e Zhadanov, quen seguiron insistindo na loita contra os inimigos e emprestaron só unha lixeira atención á "inxenuidade e ignoráncia" no traballo dos "bolcheviques honrados".

104. O Pravda, baixo controlo dos seguidores de Stalin, facia ainda chamamentos para afastar o Partido do manexo directo dos asuntos económicos, e a necesidade de promocionar a xente non militante aos postos de liderazgo.(Zhukov, Tayny 51-2) Mentres Nikita Khrushev, que en 1937 pedira competéncias para poder executar a 20.000 persoas cando era xefe do Partido en Moscova, foi trasladado a Ucránia, onde, no prazo dun mes, reclamou poderes para reprimir a 30.000 persoas. (Zhukov, Tayny 64, ver n. 23)

105. Parece ser que Nicolai Yezhov, substituto de Genrikh Yagoda en 1936 no mando do NKVD, estaba estreitamente relacionado cos Primeiros Secretários.(21) A masiva represión dos anos 1937-1938 estivo tan ligada ao seu nome que ainda se coñece como a "Yezhovshchina". Yezhov deixou o seu posto o 23 de setembro de 1938 (22), sendo substituido en novembro dese ano por Lavrentii Beria.

106. Sob o mando de Béria, moitos dos mandos do NKVD e Primeiros Secretários responsáveis de miles de execucións e deportacións foron xulgados, e moitas veces eles mesmos executados por levar á morte a xente inocente e facer uso da tortura contra os detidos. As transcricións dos xuízos dalgúns dos funcionários policiais que utilizaron a tortura foron publicadas. Numerosos presos e acusados, deportados ou enviados aos campos de traballo foron liberados. O próprio Béria manifestou que a sua misión era "acabar coa Yezhovshchina". Stalin dixo-lle ao enxeñeiro aeronáutico Yakovlev que Yezohv foi executado por asasinar a miles de inocentes. (Lubianka B, Nos. 344; 363; 375; Mukhin, Ubiystvo 637; Yakovlev)

107. Fixo-se un incalculábel dano á sociedade soviética, ao governo soviético e ao Partido Bolchevique. Hai moito tempo que sabemos isto, evidentemente. O que non sabiamos até agora é que a implantación das troikas e as cotas de execucións e deportacións se deben á insisténcia dos Primeiros Secretários, e non a Stalin. Zhukov pensa que a estreita relación entre isto e a ameaza de eleizóns abertas, e o feito de que o Comité Central conseguira forzar á dirección de Stalin e os seus colaboradores a cancelar esas eleizóns, indica que a forma de evitar esa "ameaza eleitoral" fora as detencisón masivas e as execucións da "Yezhovshchina". (23) (Zhukov, KP)

108. Ninguén pode absolver a Stalin e aos que o apoiaron das amplas responsabilidades que tiveron nas execucións, que foron de bastantes centenares de miles.(24) Se as vítimas fosen encarceradas no canto de executadas a maioria teria sobrevivido. Moitos verian revisados os seus casos, e liberados. Para os nosos obxectivos neste traballo, a pergunta chave é:

Por que cedeu Stalin ante as demandas dos Primeiros Secretários, demandas que lles concedian o destino de miles de persoas? Mália que non existen escusas, poden existir razóns.

109. Ningún outro governo está preparado para traicións simultáneas por parte de altos mandos militares, figuras de primeira fila do governo nacional e de governos rexionais, e da dirección da policia secreta e de fronteiras.

110. Un grave conxunto de conspiracións, que incluia tanto líderes do Partido actuais e anteriores, con ligazóns con todo o país, acababa de ser descoberto. O máis ameazante era a participación de destacados militares dos níveis máis altos, coa revelación dos planos secretos militares aos inimigos fascistas. A conspiración militar tiña contactos en toda a URSS, e nela estaban tamén os principais mandos do NKVD, incluindo a Genrikh Yagoda, quen dirixia este organismo entre os anos 1934 e 1936. É dicer, non se podia saber a amplitude da conxura e canta xente estaba implicada. O camiño prudente era pensar o peor.(25)

111. O Politburó e Stalin estaban no cume de duas amplas xerarquias, a do Partido e a governamental. O que sabian sobre o estado das cousas no país era o que os seus subordinados lles dician. No transcurso dos seguintes doce meses reprimiron a moitos dos Primeiros Secretários, indo a parar ao cárcere a metade deles. Na maioria dos casos, os cargos concretos e as transcricións dos seus interrogatórios continuan sen ser desclasificados, incluso na Rúsia pós-soviética e anticomunista. Pero agora contamos con bastantes probas das investigacións que efectuaron Stalin e o Politburó para facer-nos unha idea da alarmante situación á que se enfrontaban. (Lubianka B)

112. O Partido Bolchevique guiaba-se polo centralismo democrático. Mália a sua popularidade en toda a URSS, Stalin (como calquer outro líder do partido) podia ser derrotado por unha maioria do Comité Central. Non estaba en situación de ignorar presións e urxéncias por parte dun amplo número de membros do Comité Central.

113. Como ilustración da incapacidade de Stalin para impedir que os Primeiros Secretários se burlasen dos princípios que inspiraban as eleizóns democráticas, Zhukov menciona un incidente que tivo lugar no Pleno do Comité Central de outubro de 1937. Kravtsov, Primeiro Secretário do Kraikom (Comité Rexional G.F.) de Krasnodar foi o único en recoñecer o que os seus colegas fixeran secretamente as semanas anteriores. Fixo un perfil da selección de aqueles candidatos a deputados do Soviet Supremo que se axustaban aos intereses do "liderazgo amplo".

"Apresentamos os nosos candidatos ao Soviet Supremo", manifestou con sinceridade Kravtsov.
"Quen son estes camaradas? Oito son membros do Partido, dous non son membros nen do Partido nen do Komsomol. Así cumprimos coa porcentaxe de candidatos non membros do Partido que aprobou o Comité Central. Pola sua ocupación, estes camaradas clasifican-se en: catro empregados do Partido, dous empregados no Soviet, un secretário de Kolkhoz, un conductor, un tractorista, un traballador do sector do combustíbel...

Stalin: Quen son?

Kravtsov: Entre os dez está Yakovlev, Primeiro Secretário do Kraikom e secretário do Comité Executivo do Krai.

Stalin: Quen te aconsellou iso?

Kravtsov: Teño que dicer, camarada Stalin, que fun aconsellado aquí, no Comité Central.

Stalin: Quen?

Kravtsov: Aquí, no Comité Central, designamos o noso secretário do Comité Executivo do Krai, o camarada Simochkin, e contou coa aprobación do Comité Central.

Stalin: De quen?

Kravtsov: Non o sei, non podo dicer quen.

Stalin: É unha mágoa que non podas dice quen, porque te informaron moi mal." (Zhukov, Inoy 486-7)

114. Evidentemente, todos os Primeiros Secretários estaban facendo o que só Kravtsov afirmou, ignorar o princípio de eleizóns secretas ao Soviet, princípio que eles votaran nun anterior Pleno, pero que nunca aceitaron na prática. Isto sinala a derrota definitiva de Stalin neste tema, as reformas constitucionais e eleitorias que el e outros líderes centrais encabezaran durante dous anos.

115. A reforma democrática foi derrotada, e o antigo sistema político mantivo o seu sítio. O plano de Stalin para eleizóns abertas desapareceu para sempre: "Deste xeito, a tentativa de Stalin e do seu grupo de reformar o sistema político da Unión Soviética rematou nun rotundo fracaso". (Zhukov, Inoy 491)

116. Zhukov pensa que de rexeitar Stalin as esixéncias de poderes extraordinários por parte dos Primeiros Secretários, seria probábel que este fose destituido, detido por contrarrevolucionário e executado"... Hoxe Stalin estaria entre as vítimas da represión de 1937, e o "Memorial" e a comisión de A. N. Yakovlev estaria desde hai moito tempo reclamando a sua reabilitación". (Zhukov, KP 16 Nov. 02)

117. En Novembro de 1938, Lavrentii Beria colleu o posto de Yezhov como xefe do NKVD. As "troikas" foron abolidas. As execucións extraxudiciais acabaron e os responsábeis dos terríbeis excesos foron xulgados e executados ou encarcerados.(26) Mais a guerra estaba perto. O governo francés negou-se a continuar coa xa moi feble alianza franco-soviética (A URSS desexaba unha moito máis forte). Os aliados cederon Checoslováquia a Hitler e aos fascistas polacos, sen nengún tipo de loita. A Alemaña nazi acordou unha alianza co governo fascista de Polónia, coa idea de invadir a URSS. No Estado español, o bando republicano, a quen os Soviets tanto axudaran, estaba a piques de perder a guerra. Itália invadia Etiopia, sen que a Liga de Nacións fixera nada. Franza e Inglaterra, co apoio da maioria da Europa ocidental, animaba descaradamente a Hitler para que invadira a URSS. (Lubianka B, No. 365; Leibowitz)

118. Xapón, Itália e Alemaña tiñan un tratado de mútua defensa, e un pacto "Anti-Komintern", ambos os dous expresamente dirixidos contra a Unión Soviética. Todos os países europeus fronteirizos (Polónia, Rumania, Bulgária, Hungria, Finlándia, Estónia, Letónia e Lituánia) eran ditaduras militares de corte fascista. En 1938, un ataque xaponés en Khasan causou uns 1.000 mortos no Exército Vermello. Un anos despois, outro ataque xaponés, está vez en Khalkin-Gol, foi rexeitado polo Exército Vermello. As baixas soviéticas ascenderon a 17.000, incluindo case 5.000 mortos; mália as baixas, o triunfo soviético foi decisivo xa que Xapón non volveu atacar á URSS. Porén, nesas datas, o governo sovietico non podia saber isto. (Rossiia I SSSR v Voynakh)

119. Após 1938, o governo de Stalin non volveu tentar pór en prática o sistema democrático eleitoral reflectido na Constitución de 1936. Amosaba isto o ponto morto ao que se chegara entre Stalin e os Primeiros Secretários no Comité Central? Ou, pola contra, dominaba a idea que, cunha guerra ás portas, os esforzos democratizadores tiñan que agardar tempos máis pacíficos? As probas coas que contamos non permiten unha conclusión firme.

120. Porén, coa substitución de Yezhov por Beria (formalmente en decembro de 1938, na prática unhas semanas antes) tivo lugar un contínuo proceso de reabilitacións. Beria liberou a uns 100.000 prisioneiros de campos e cárceres. Isto foi seguido polos xuízos contra os dirixentes do NKVD acusados de torturas e execucións extraxudiciais. (Thurston 128-9)



PARTE SEGUNDA

Durante a guerra

1. Cando estaba a rematar a Segunda Guerra Mundial, Stalin e os seus partidários no Politburó volveron tentar de novo afastar o Partido Bolchevique do controlo directo do governo soviético. Así é como Yuri Zhukov descrebe o sucedido:

"En xaneiro de 1944..., por primeira vez durante a guerra, foi convocado conxuntamente o Comité Central e unha sesión do Soviet Supremo da URSS. Molotov e Malenkov prepararon un borrador dun decreto do Comité Central no que se apartaba legalmente ao Partido do poder. O Partido manteria as suas funcións de axitación e propaganda, como tamén a selección de cadros; ninguén poderia afastá-lo destas tarefas próprias de partido. O borrador impedia ao Partido intervir nas cuestións económicas e no funcionamento dos órgaos do Estado. Stalin leu o borrador, trocou seis palavras, e escrebeu: "Conforme". O que sucedeu despois continua a ser un mistério...

Era esta unha nova tentativa de conducir o papel do Partido no Estado, retendo só as funcións que realmente realizou durante a guerra. O borrador tiña cinco sinaturas: Molotov, Malenkov, Stalin, Khrushchev e Andreev. Non existe nengún rexistro taquigráfico, polo que só podemos especular sobre o sentido do voto dos demais participantes na reunión. Nen tan sequer o todopoderoso Comite Estatal de Defensa, con catro membros no Politburó, foi quen de mudar o estado das cousas. Isto amosa, máis unha vez, que Stalin nunca tivo o poder que lle presupoñen tanto anti-stalinistas como stalinistas.”
(Zhukov, Kul'tovaia) (27)

2. Descoñecemos como se pensaba distanciar ao Partido das cuestións económicas e do estado. Probablemente, estivese previsto algún outro método para dotar aos órgaos do estado de persoal. Significaria isto unha volta ás eleizóns como se especificaba na Constitución de 1936?

3. Independentemente das respostas a estas perguntas, parece claro que o Comité Central, dominado polos Primeiros Secretários do Partido, rexeitou novamente os proxectos do grupo de Stalin para mudar o sistema soviético. No seu Informe Secreto, Khruchev nega a celebración deste Pleno! Xa que a meirande parte dos membros do Comité Central presentes na leitura do Informe sabian que isto era mentira, pode ser que o obxectivo desta mentira fose deixar claro que ese perigoso movimento contra o seu poder estaba formalmente soterrado.

Despois da Guerra

4. Vimos que Stalin coidaba un importante problema, tanto para a URSS como para o Partido Bolchevique, a situación de "dobre poder". O Partido, no governo, era quen realmente dirixia a sociedade. Cada vez máis, os funcionários deixaban as tarefas de xestionar a produción para se adicaren a controlar o poder através da supervisión.

5. Afastando o Partido do controlo directo de estado acadarian-se vários obxectivos:

- Institucionalizaria-se a Constitución de 1936, reforzando os lazos entre a povoación soviética e o estado soviético.

- Devolveria á dirección dos órgaos estatais a aqueles realmente cualificados.

- Impediria que os níveis superiores do Partido se converteran nunha casta de parásitos e corruptos.

6. O Politburó reunia-se, antes da guerra, cando menos duas veces por semana. En maio de 1941 Stalin converte-se na cabeza oficial do Estado soviético, relevando a Molotov no posto de Secretário do Consello de Comisários do Povo (Sovnarkom), o órgao executivo oficial do governo da URSS.

7. Mais durante a guerra, a URSS non foi dirixida nen por este órgao nen polo Partido, senón polo Comité Estatal de Defensa, composto por Stalin e tres dos seus colaboradores máis cercanos. Durante a guerra, o Comité Central convocou só un Pleno, mentres que as reunións do Politburó, non só durante a guerra senón tamén acabada esta, eran moi infrecuentes. Segundo Pyzhikov, "o Politburó, na prática, non exercia". O disidente soviético Zhores Medvedev coida que o Politburó se reuniu só 6 veces en 1950, 5 en 1951 e 4 en 1952. (28) É dicer, Stlain distanciou o Politburó do controlo do Estado.(Pyzhikov, 100; Medvedev, Sekretnyi)

8. Semella que Stalin descoidou o seu papel como cabeza do Partido. Os Plenos do Comité Central foron distanciando-se cada vez máis no tempo. En 13 anos, desde 1939 até 1952, non se convocou nengún Congreso do Partido. Após a guerra, Stalin asinou decisións conxuntas do Partido e do governo simplesmente como Secretário do Consello de Ministros (o renomeado Consello de Comisários Populares), delegando nalgún dos outros secretários do Partido, Zhdanov ou Malenkov, asinar no nome do Partido. (Pyzhikov 100)

9. A autoridade do Partido continuaba a ser grande. Ainda que, quizais, isto fose só porque Stalin era ainda Secretário Xeral do Partido. Era o único líder do bando aliado que permanecia en activo despois da guerra. Roosvelt morrera e Churchill perdera as eleizóns de 1945. Non exaxeramos se afirmamos que, entre os traballadores, Stalin era a persoa máis coñecida e respeitada do mundo. O movimento comunista que el encabezaba era a esperanza de centos de millóns de persoas. A sua figura ainda se agrandou máis como consecuéncia da vitória sobre o fascismo. O grande prestíxio de Stalin como xefe de estado, concedia autoridade ao conxunto da dirección do Partido. (Mukhin, Ubiystvo 622; Ch. 13)

10. As accións de Stalin suxiren que ainda tentaba desaloxar ao Partido do controlo directo sobre o estado. Porén, se isto foi así, debeu facé-lo con moitas precaucións. Podemos deducir as razóns deste atitude coidadosa:

- A exposición dunha infundada falla de confianza no Partido significaria un pésimo exemplo para outros países do mundo, onde os Partidos Comunistas ainda non acadaran o poder.

- Tiña na sua contra ao Comité Cental e a nomenclatura, como xa acontecera antes da guerra.

Eis as razóns que explicarian a sua cautela, evitando no posíbel encontróns.

O Proxecto de Programa de Partido de 1947

11. É probábel que os proxectos de democratización do grupo de Stalin fosen máis dos que coñecemos hoxe. Aleksander Pyzhikov, historiado anticomunista e antiestalinistas, citou interesantes seccións dun borrador de programa do Partido datado en 1947, no que se impulsaba a democrácia e o igualitarismo na URSS. Este fascisnante e totalmente descoñecido proxecto nunca foi, evidentemente, publicado e non está a disposicion doutros investigadores.

12. Estas son as citas de Pyzhikov:

"O desenvolvimento da democrácia socialista como base da construción dunha sociedade socialista sen clases convertirá, cada vez máis, a ditadura do proletariado na ditadura do povo soviético. A participación cada vez maior dos indivíduos na dirección dos asuntos estatais, o medre da conciéncia comunista e da cultura comunista na povoación, e o desenvolvimento da democrácia socailista conducirán á progresiva desaparición das formas de coacción da ditadura do povo soviético, sendo substituidas pola influéncia da opinión pública, estreitando-se cada vez más as funcións políticas do Estado, que ficaria como órgao de dirección da vida económica do país."

Pyzhikov resume así outras partes deste documento inédito:

"Particularmente, o borrador trataba sobre o desenvolvimento da democratización da orde soviética. Este proxecto entendia como esencial a incorporación dos traballadores na dirección do Estado, na actividade estatal e social diária sobre a base dun desenvolvimento estábel do nível cultural das masas e unha simplificación máxima das funcións de dirección estatal. Na prática, estabelecia a unificación do traballo produtivo coa participación na dirección dos asuntos estatais, no camiño de conseguir a total dirección do estado por parte de toda a clase traballadora. Tamén, o proxecto, apostaba polo controlo directo por parte do povo da actividade lexislativa. O camiño era o seguinte:

a) Poñer en práctia o voto universal na toma de decisións nas cuestións fundamentais da vida governamental, tanto na esfera social como económica, así como en cuestión relativas á vida ás condicións de vida e ao desenvolvimento cultural.

b) Ampliar a iniciativa lexislativa desde abaixo, concedendo ás organizacións sociais o direito a presentar propostas lexislativas ao Soviet Supremo.

c) Confirmar o direiro dos cidadáns e organizacións sociais para apresentar directamente propostas ao Soviet Supremo referidas as cuestións máis importantes da política nacional e internacional.

Tamén se tiña en conta o modo de eleizóns dos directores. O proxecto do programa do Partido apostaba, de acordo co grau de desenvolvimento cara ao comunismo, pola eleizón de todos os cargos do estado, por cámbios no funcionamentos dunha série de órgaos estatais para converté-los en institucións responsábeis da contabilidade e supervisión da economia. Para isto, o máximo desenvolvimento posível de organizacións voluntárias e independentes foi considerado importante. Reforzou-se a importáncia da transformación comunista do coñecimento do povo, do desenvolvimento, sobre a base da democrácia socialista, entre as masas populares da "cidadania socialista", do "heroismo do traballo" e do "valor do Exército Vermello".

13.Continuando con Pyzhikov, Zhdanov informou sobre o traballo da comisión de planificación no Pleno do Comité Central de fevreiro de 1947. Propuxo concovar o XIXº Congreso do Partido ou a finais de 1947 ou en 1948. Tamén deu a coñecer un plano para convocar unha conferéncia de partido unha vez ao ano, "coa renovación obrigatória" de non menos dunha sexta parte dos integrantes do Comité Central anualmente. De levar-se adiante o proxecto, e se a "renovación" provocara unha maior rotación dos membros do Comité Central, isto conlevaria que os Primeiros Secretários e outros líderes do Partido no Comité Central estivesen menos atrincheirados nos seus cargos, abrindo as portas do órgao máis importante do Partido a novos dirixentes, facilitando o exercício da crítica dos líderes do Partido. (Pyzhikov 96)

14. Este valente proxecto repite moitas das ideas do "murchamento do estado" contidas na obra de Lenin O Estado e a Revolución, que a sua vez, reflicte as ideas sobre de Marx e Engels sobre o tema. Propoñendo a participación democrática directa en todas as decisións estatais vitais do povo soviético e das suas organizacións populares, e a "renovación" -ou cando menos, a posibilidade de substitución- de non menos dunha sexta parte do Comité Central cada ano através dunha Conferéncia de Partido, o proxecto desenvolvia a democrácia desde abaixo tanto no Estado como no próprio Partido.

15. Pero o proxecto non saiu adiante. Como coas anteriores propostas para a democratización do Estado soviético e do Partido, descoñecemos os detalles de como sucedeu. Probabelmente foi rexeitado no Pleno do Comité Central. O XIXº Congreso do Partido foi posposto até 1952. Tampouco sabemos a razón. A natureza do borrador do programa do Partido fai-nos intuir que a postura contrária do Comité Central -os Primeiros Secretários- puido ser o motivo.(29)

O XIXº Congreso do Partido

16. Parece ser que Stalin e os seus colaboradores fixeron un último esforzo por afastar o Partido do controlo directo do Estado no XIXº Congreso do Partido en 1952 e no Pleno do Comité Central celebrado pouco despois. Comezando por Khruchev, a nomenclatura do Partido tentou destruir toda memória deste Congreso. No periodo de Brezhnev, foron publicadas as transcricións de todos os Congresos do Partido até o XVIIIº. A dia de hoxe, ainda non foi publicada a transcrición do XIXº. Stalin deu un breve discurso no Congreso que si foi publicado, o que nunca foi publicado, agás breves referéncias, foi o discurso de noventa minutos que dirixiu no posterior Pleno do Comité Central. Ninguén ten a transcrición deste Pleno.(30)

17. Stalin convocou o Congreso para cambiar o estado e a estrutura organizativa do Partido. Entre aqueles cámbios destacan:

- O nome do Partido, até entón "Partido Comunista de Toda a Unión (Bolchevique)”, foi oficialmente mudado polo de "Partido Comunista da Unión Soviética". O cámbio ia na liña da meirande parte dos partidos comunistas do mundo, atando o partido ao estado.(31)

- Un "Presidium" subtituiu ao Politburó do Comité Central. Este nome tamén se empregou noutros órgaos representativos, como, por exemplo, o Presidium do Soviet Supremo. Tamén se eliminou o "político" do nome, -despois de todo, "político" era todo o Partido, non só os dirixentes.

18. Este cámbio, non hai dúvida, tamén suxire un órgao que governa só o Partido, non Partido e Estado. O Politburó fora un organismo composto por membros de distinta procedéncia: o Secretário do Consello de Ministros (a cabeza do órgao executivo do Estado -é dicer, a xefatura do Estado); o Secretário do Presidium do Soviet Supremo (cabeza do corpo lexislativo); o Secretário Xeral do Partido (Stalin); un ou dous Secretários do Partido; e un ou dous ministros do governo. As decisións do Politburó afectaban tando ao Partido como ao Governo.

19. Xa que logo, en comparación coa práticamente posición suprema do Politburó no país, o papel do Presidium eran moi limitado. Xa que nen o xefe de estado nen o do Soviet Supremo tiñan asentos reservados nel, o Presidium tan só era o órgao dirixente do Partido Comunista.

20. Houbo máis cámbios:

- O posto de Secretário Xeral (o do próprio Stalin) foi suprimido. Agora, Stalin era tan só un dos 10 Secretários do Partido(32), todos eles con asento no novo Presidium, composto por 25 membros e 11 suplentes, cantidade moito maior que os 9 e 11 do antigo Politburó. A sua numerosa composición facían del un órgao máis deliberativo que executivo, imposibilitado para tomar decisión que se executasen rutinária e rápidamente.

- A meirande parte dos membros do Presidium parece ser que eran funcionários governamentais, máis ca líderes do Partido. Khruchev e Malenkov perguntaron-se máis tarde como podia coñecer, ainda que fose só de ouvidas, a persoas que el mesmo suxerira para o Presidium, xa que non eran líderes famosos do Partido (é dicer, non eran Sercretários do Partido). Stalin nomeou-nos, probábelmente, polas suas posicións de liderazgo no Estado, en contraposición co liderazgo no Partido.(33)

21. Despois de dimitir no XIXº Congreso do Partido como Secretário Xeral do Partido, Stalin propuxo a sua renúncia, na reunión do Comité Central posterior a este Congreso, do seu posto neste órgao, mantendo-se só como Xefe de Estado (Secretário do Consello de Ministros).

22. Se Stalin non formara parte do Comité Central, mantendo só o posto de Xefe de Estado, os funcionários do governo non sentirian a necesidade de facer un informe ao Presidium, o órgao máis alto do Partido. A renúncia de Stalin limitaria a autoridade dos funcionários do Partido, cuxo papel "supervisor" no Estado non seria necesário en termos produtivos. Se Stalin non estaba á cabeza do Partido, os líderes do Partido, a nomenclatura, perderia prestíxio. Os militantes de base xa non se sentirian obrigados a "elexer" -é dicer, confirmar- os candidatos recomendados polos Primeiros Secretários e o Comité Central.

23. Desde esta perspectiva, a dimisión de Stalin do Comité Central significaria un desastre para a nomelclatura, que se sentia protexida da crítica despiadada da base militante por estar á "Sombra de Stalin". Tamén significaria que, nun futuro, só a xente máis capacitada permaneceria tanto na nomenclatura do Partido como na dirección do Estado.

24. A caréncia dunha transcrición suxire que o que sucedeu no Pleno, incluídas as palabras de Stalin no seu discurso, non foi do agrado da nomenclatura que non quixo que fosen públicas. Tamén indica, é importante acentuá-lo, que Stalin non era "todopoderoso". Por exemplo, as sérias críticas de Stalin a Molotov e Mikoian durante o Pleno non foron publicadas até moito despois da sua morte.(34)

25. O recoñecido escritor soviético Konstantin Simonov, participante nese Pleno como membro do Comité Central, foi testemuña do sobresalto e o pánico de Makenkov cando Stalin propuxo votar a sua saida do posto de Secretário do Comité Central. (Simonov, 244-5) Ante unha vociferante oposición, Stalin non insistiu.(35)

26. En canto tiveron posibilidades, os mandos do Partido tomaron medidas para anular as decisións do XIXº Congreso. Nunha reunión o 2 de marzo dun Presidium reducido (esencialmente os membros do vello Politburó), con Stalin ainda vivo mais inconsciente, decidiron reducir o Presidium de 25 a 10 membros. Basicamente era de novo o antigo Politburó. O número de Secretários do Partido limitou-se outra vez a 5. Khruchev foi nomeado "coordenador" do secretariado e, cinco mesos despois, "Primeiro Secretário". Finalmente, en 1966, o Presidium retomou o seu anterior nome de Politburó.

27. Durante o resto da história da URSS foi o Partido quen continuou governando a sociedade soviética, formando os seus dirixentes unha elite corrupta e autoelexida, que autoampliaba os sues elitistas priviléxios. Baixo Gorbachov, ese grupo dirixente aboliu a URSS, ficando coa riqueza económica e o mando político na nova sociedade capitalista. Aliás, isto significou a perda dos aforros e as avantaxes sociais da clase obreira e do campesiñado, cuxo traballo foi o responsábel da imensa riqueza colectiva criada na URSS. Esta mesma nomenclatura continua a dirixir os estados postsoviéticos na actualidade.

Lavrentii Beria(36)

28. Béria é a figura máis difamada na história soviética, polo que o novo xuizo histórico sobre a carreira de Béria, que comezou repentinamente após a queda da Unión Soviética, ainda é máis intenso que a nova avaliación do papel de Stalin, tema principal deste artigo.

29. Os "Cen Dias" de Béria (realmente 112 dias, desde a morte de Stalin o 5 de marzo de 1953 até a sua destitución o 26 de xuño) testemuñan o comezo dun grande número de reformas dramáticas. Se o mando soviético permitira que estas reformas se desenvolvesen totalmente, a história da Unión Soviética, do Movimento Comunista Internacional, da Guerra Fria -é dicer, a última metade do século XX- seria radicalmente diferente.

30. Todas as iniciativas de reforma de Béria merecen un estudo especial, e con algunhas así está pasando, pésie a que o governo ruso impide o aceso ás principais fontes primárias, incluso a investigadores de confianza. Algunhas destas iniciativas serian:

- A reunificación de Alemaña como un estado non-socialista, neutral, unha medida que seria moi popular entres os alemáns, e claramente inoportuna para os aliados da OTAN, incluindo aos Estados Unidos.

- A normalización das relacións con Xugoslávia, que prometia abandonar a sua alianza co Oeste para voltar ao Kominform.

- Unha política sobre as nacionalidades oposta á "rusificación" das áreas recentemente anexionadas do oeste de Ucránia e dos Estados bálticos, xunto coa política de tender a man a algúns, cando menos, grupos de nacionalistas na emigración. Unha reforma da política nas nacionalidades noutras áreas non rusas incluíndo Xeórxia e Belarus.

- Reabilitacións e compensación para aqueles inxustamente condenados por corpos xudiciais especiais (as troikas e as "Comisións Especiais" do NKVD) durante os anos 30 e 40. Baixo Béria este proceso seria moi diferente a como foi realizado máis tarde baixo Khruchev, quen "reabilitou" a moitos que eran incuestionábelmente culpábeis.

31. Algunhas reformas de Béria foron realizadas en grande parte, como:

- Amnistia para un millón de encarcerados por crimes contra o Estado.

- Finalizar a investigación do "Compló dos Médicos", xunto co recoñecimento de que as acusacións foran inxustas, e o castigo aos funcionários do NKVD implicados, incluindo a destitución do Comité Central de Kruglov, antiga cabeza do NKVD.(37)

- Limitar o poder da "Comisión Especial" do NKVD para sentenciar á xente á morte ou a longas penas de cárcere.

- Nunha campaña non só contra o "culto" a Stalin senón contra o "culto" a calquer líder, proibir a exibición de retratos de líderes nos mítines. Esta disposición foi anulada polo mando do Partido pouco despois da destitución de Béria.

Os movimentos de Béria a prol dunha reforma democrática

32. Oficialmente, Béria foi detido polos seus compañeiros do Politburó e por algúns xenerais o 26 de xuño de 1953. Mais os detalles desta suposta detención son escuros, e existen versións antagónicas.(38) De calquer xeito, durante o Pleno do Comité Central adicado a acusar a Béria de vários delictos, en xullo de 1953, Mikoyan afirmou:

"Cando fixo a sua apresentación na Praza Vermella sobre a tumba do camarada Stalin, despois do seu discurso, falei con el: "No seu discurso hai unha parte na que vosté garante a todos os cidadáns os direitos e liberdades previstas na Constitución. Incluso no discurso dun simples orador non ten que haber nengunha frase valeira; o discurso dun ministro de política interior, que é un programa de acción, debe ser cumprido". Respostou-me: "Cumprirei-no". (Beria 308-9; Mukhin 178)

33. Béria dixera algo que alarmara a Mikoyan. Aparentemente foi o feito de que, durante a parte crucial do seu discurso na Praza Vermella, e cando facia referéncia á Constitución, Béria non mencionou ao Partido Comunista, e só falou sobre o Governo Soviético. Béria falou en segundo lugar, depois de Malenkov, unha demostración pública de que el era agora o segundo no mando do Estado soviético. O que Béria dixo foi:

"Os traballadores, os campesiños dos koljos e a intelectualidade do noso país poden traballar pacíficamente e con confianza, sabendo que o Governo soviético garante dilixente e incansábelmente os seus direitos, tal e como figuran na Constitución de Stalin... Apartir de agora, a política exterior do Governo soviético será a política leninista e stalinista de mantimento e reforzo da paz...” (Béria, Discurso)

34. Mukhin suxire a seguinte posíbel interpretación deste parágrafo:

"A xente común apenás comprendeu o sentido do que Béria dixera, mais para a nomenclatura do Partido este era un duro golpe. Béria tiña a intención de conducir o país sen o Partido, é dicer, sen eles; prometeu á xente protexer os seus direitos, que non os outorgaba o Partido senón unha Constitución!" (Mukhin, 179)

35. Neste mesmo Pleno de xuño de 1953, Khrushchev afirmou:

"Lembremos como Rakosi (líder comunista húngaro) dixo: Quixera saber que é o que decide o Consello de Ministros e que o Comité Central, que tipo de división debe existir... Beria constestou tranquilamente: Que Comité Central? Deixemos que decida o Consello de Ministros e que o Comité Central se ocupe das suas funcións de cadros e propaganda." (Béria 91)

36. Máis tarde, nese mesmo Pleno, Lazar Kaganovich ampliou o exposto por Khruchev:

"O Partido para nós é o máis importante. Non se permite que ninguén fale como esa desvergoña (Béria), que dixo: o Comité Central (para) cadros e propaganda, non para o mando político, non para dirixir toda a vida, como nós, os bolcheviques, o entendemos." (Béria 138)

37. Semella que estes homes coidaban que Béria intentaba desaloxar ao Partido do controlo directo do país. Isto era moi semellante ao que Stalin e os seus colaboradores quixeron facer durante as discusións constitucionais entre 1935 e 1937. Tamén aparece esta idea no borrador do programa do Partido de 1947, na restruturación que Stalin realizou no XIXº Congreso e no imediato Pleno do Comité Central.

38. Sergo, fillo de Béria, afirma que o seu pai e Stalin estiveron de acordo na necesidade de afastar o Partido da dirección directa da soceidade soviética.

"As relacións do meu pai cos órgaos do Partido foron complicadas... Xamáis agachou as suas críticas ao aparello do Partido. Por exemplo, dixo-lles directamente a Khruchev e Malenkov que o aparello do Partido corrompia á xente. Era necesário anos antes, cando o Estado soviético acababa de formar-se. Mais, meu pai perguntaba-lles: "Quen precisa hoxe destes controladores?.

Tiña este tipo de conversas francas con directores de indústrias e fábricas a quen, evidentemente, non lles importaban nada os inúteis do Comité Central.

Meu pai era igual de sincero con Stalin. Joseph Vissarionovich estaba de acordo en que o aparello do Partido se quitara a si mesmo de responsabilidades en matérias concretas e non tiña nada que facer agás parolar. Sei que un ano antes da sua morte, cando apresentaba o novo deseño de Presidium do Comité Central, Stalin dera un discurso centrado na necesidade de atopar novas formas de dirixir o país, xa que os vellos camiños non eran os mellores. Comezou entón unha viva discusión sobre a actividade do Partido”.
(Sergo Beria, Moy Otets Lavrentii Beria)

39. A restruturación planexada por Béria das relacións entre o Estado e o Partido, probábelmente seria moi ben acollida polos militantes de base, por non falar da maioria dos cidadáns soviéticos non militantes. Mais constituia unha grande ameaza para a nomenclatura.

40. Mukhin explica-o así:

"Beria non renunciou a convencer á xente de que o país debia ser governado, en todo o território, polos Soviets, como recollia a Constitución, e que o Partido tiña que ser un órgao ideolóxico que, meiante a propaganda, axudaria a garantir que todos os soviets fosen comunistas. Béria propuxo levar á prática o auténtico espírito da Constitución recollido na lenda: "Todo o poder aos Soviets!" Mentres Béria traballase exclusivamente na esfera de ideas, estas podian ser desagradábeis para a nomenclatura, pero non perigosas. Xa que eles tiñan o poder, podian seleccionar delegados para o Soviet Supremo instruidos de tal xeito que imposibilitasen a posta en prática das ideas de Béria. Pero, e se Béria non permitise aos secretários e ao Comité Central dirixir as eleizóns e a sesión do Soviet Supremo, que decicións poderian tomar os deputados?” (Ubiystvo 363-4)

41. Evidentemente, isto enfrontaba a Béria coa maioria da nomenclatura do Partido.(Ubiystvo 380) Khruchev representaba o intereses deste grupo ou, cando menos, dunha parte grande e activa do mesmo. E Khruchev tiña un conceito completamente distinto da "democrácia". O famoso director de cinema Mikhail Romm rexistrou as verbas de Khruchev nunha reunión con intelectuais:

"Por suposto que vos escoitamos, e falamos con vós. Pero quen decidirá? No noso país é o povo quen ten que decidir. E quen é o povo? É o Partido. E quen é o Partido? Nós somos o Partido. Isto significa que nós decidiremos. Decidirei eu. Entendido?"
(Alikhanov)

42. Como Mukhin dixo: "o Partido, como unha organizaciòn de millóns de comunistas, chegara á sua fin. O grupo de persoas no seu cume converteu-se no Partido".(Mukhin, Ubiystvo 494)


Mortes de Stalin e Béria

43. Ademais da misteriosa circunstáncia da morte de Béria, hai suficientes probas para considerar que a Stalin o deixaron morrer tirado no chan do seu despacho despois de ser golpeado ou, quizais, até envenenado. Non temos tempo ou espazo para resumir esta cuestión aquí.

44. Porén, non é necesário para os obxectivos deste traballo. A enorme circulación e credibilidade destas suposicións entre rusos de todo o espectro político amosa que moitos rusos coidan que as mortes de Stalin e Béria conviñan moito á nomenclatura. Estas probas, independentes doutras que poidan indicar que foron asasinados, demostran que tanto Stalin como Béria querian unha perestroika comunista, unha "restruturación", ainda que política, non económica, do poder, no canto da superexplotación capitalista e a estafa que padeceu o país sob aquel nome desde finais dos anos 80.

45. O resultado imediato dos fracasos de Stalin e Béria na democratización foi que a URSS ficou nas mans dos líderes do Partido. Non chegou á democrácia obreira á URSS. A nomenclatura do Partido continuou a monopolizar o controlo das cuestións claves, incluso no Estado e na economia, desenvolvendo unha elite parasitária e explotadora, con fortes semellanzas cos seus homólogos dos países abertamente capitalistas.

46. Realmente, este elite continua hoxe no poder. Gorbachov, Ieltsin, Putin, e o resto dos líderes de Rúsia e das antigas repúblicas soviéticas son todos antigos membros da dirección do Partido. Durante moito tempo espremeron aos cidadáns da Unión Soviética como funcionários superprivilexiados. Con Gorbachov, foron eles os que dirixiron a privatización de toda a propriedade colectiva que pertencia á clase obreira da URSS, empobrecendo non só aos traballadores, senón tamén á ampla clase meia. Este proceso foi cualificado como a maior expropriación na história do mundo.(39) (The Party nomenklatura destroyed the Soviet Union. Bivens & Bernstein; O'Meara; Williamson)

47. Para agachar o seu protagonismo nas execucións masivas dos anos 30, os seus éxitos en frustrar as tentativas democratizadoras de Stalin, as suas negativas a poñer en prática as reformas de Stalin e Béria -é dicer, esconder a sua negativa a democratizar a Unión Soviética- Khruchev e os líderes do Partido culparon a Stalin de todo, mentindo sobre a existéncia de conspiracións sérias na URSS dos anos 30, e agachando o seu papel nas execucións en masa que seguiron.

48. O "discurso secreto" de Khruchev foi o maior golpe contra o movimento comunista mundial na história. Estimulou aos anticomunistas de todo o mundo, que decidiron que por unha vez habia un líder comunista no que poder confiar. Os documentos que viron a luz após a queda da URSS demostran que práticamente todas as acusacións de Khruchev contra Stalin eran mentira. Esta evidéncia, pola sua parte, obriga-nos a investigar as verdadeiras motivacións do ataque de Khruchev a Stalin.(40) Os investigadores rusos demostraron xa que os cargos "oficiais" contra Béria, citados por Khruchev e os seus seguidores na dirección soviética, son falsos ou carecen absolutamente de probas. Béria foi asasinado xudicialmente por razóns que os seus executores xamáis revelaron. Os montes de mentiras que agachan estes acontecimentos fan que nos teñamos que perguntar: Que sucedendo realmente? O presente ensáio quer ser unha resposta.

Conclusión e futura investigación

49. Xa que Stalin pensaba na participación de vários partidos no seu proxecto de eleizóns, que tipo de democrácia seria esta? As perguntas sobre a democrácia teñen que comezar con outra pergunta: "Que se entende por democrácia?".

50. No mundo capitalista industrializado "democrácia" equivale a un sistema onde os partidos políticos compiten en eleizóns, pero no que todos os partidos políticos son controlados polas elites ricas e autoritárias. Tampouco esta "democrácia" permite cambiar o sistema económica capitalista por outro alternativo. Esta "democrácia" é unha criazón da clase capitalista dirixente. É dicer, esta "democrácia" é "falta de democrácia".

51. Serían factíbeis eleizóns nas que participaran cidadáns e grupos de cidadáns dentro dos límites que supón aceitar o poder dirixente da clase obreira? Poden funcionar nunha futura sociedade socialista? Cal é o papel da "democrácia representativa", é dicer, das eleizóns, nunha sociedade que busca rematar coas clases sociais? Como esta aposta recomendada na Constitución de 1936 nunca foi levada á prática, non podemos saber cais serian os aspectos positivos e negativos da mesma. Marx e Engels fixeron importantes análises sobre a natureza da democrácia proletária, baseando-se no estudo da prática da Comuna de París. É unha mágoa que non contemos cunha experiéncia de eleizóns abertas na Unión Soviética na época de Stalin. Poderiamos aprender moito das debilidades e das avantaxes deste sistema.

52. Os estudos motivados polo anticomunismo seguirán dando folgos ao vello e falso, ainda que non o suficientemente desacreditado, paradigma Khrushchev/Guerra Fria/Antiestalinismo. Mais o proceso de reinterpretar a história da Unión Soviética á luz dos anteriormente secretos documentos soviéticos comezou hai moito en Rúsia. Chegará pronto a outras partes do mundo. Un dos principais obxectivos destes estudo é o de introducir a outros nesta nova interpretación.

53. Hai un aspecto que surprenderá a case todos os leitores. Por mor do "culto á personalidade", a adulación á figura de Stalin, fomos condicionados para ver en Stalin un "ditador todopoderoso". Esta mentira fundamental no paradigma histórico Krushchev/Guerra Fria, feita anacos polas investigación que apresento neste ensaio, deformou fatalmente a nosa comprensión da história soviética. De feito, Stalin nunca foi "todopoderoso". Foi limitado polos esforzos combinados doutros líderes do Partido. Nunca foi capaz de acadar o seu obxectivo de reformas constitucionais. Tampouco podia controlar aos Primeiros Secretários e ao NKVD.

54. O "culto" agachou estas loitas políticas. As transcricións do Pleno do Comité Central amosan que, anque ás veces os líderes bolcheviques discrepaban abertamente con Stalin, isto acontecou en raras ocasións. As disputas políticas non eran tratadas abertamente até resolvé-las, senón doutros xeitos, como foi o caso dos Primeiros Secretários en xullo de 1937. Outras veces utilizaban-se métodos policiais, interpretando o desacordo político como unha oposición hostil.

55. Independentemente do mecanismo de resolución das discrepáncias, o resultado do "culto" foi un autoritarismo profundamente antidemocrático. Stalin parece ser un dos poucos líderes soviéticos en comprender isto. Ao longo da sua vida condenou o "culto" en moitas ocasións.(41) Porén, nunca se decatou da intensidade do dano que podia causar.

56. As conclusións ás que chegamos, case exclusivamente sobre a base doutras investigacións, suxiren novos temas importantes para unha investigación adicional.

Que forma pode tomar a "democrácia" nunha sociedade socialista que ten como obxectivo acadar unha sociedade sen clases? Un modelo como o previsto por Stalin na Constitución de 1936, democratizando a Unión Soviética e restaurando o papel orixinal do Partido Bolchevique, como unha organización de revolucionários cuxo principal traballo é conducir o país ao comunismo? Ou este modelo xa incorpora aspectos capitalistas da democrácia burguesa que acelerarian, no canto de impedí-lo, a evolución da URSS cara ao capitalismo?

- Cal é o papel apropriado dun partido comunista nunha sociedade dese tipo? Cais son as formas específicas da dirección políca compatíbeis coa posesión do poder democrático polo clase obreira? Que formas de dirección política e económica son antagónicas a estes obxectivos?

57. Unha vez que nos perguntamos se as eleizóns e o governo "representativo" abondan para expresar os intereses dos traballadores e campesiños, vemos que a Constitución de 1936, de levar-se á prática, tampouco seria suficiente. Isto leva-nos a pensar que a "solución" tampouco pasa por fortalecer o Estado e debilitar o Partido -e parece que foi isto o que pensaron Stalin e Béria. Os marxistas coidan que o estado é dirixido por unha clase ou outra, polo que se unha nova clase dirixentes proveniente das capas superiores do Partido, ou dalgunha outra parte da sociedade, governará e cambiará o estado para facer este novo poder máis efectivo. Isto suxire que a diferenza entre Partido e Estado é artificial e enganosa, e debe ser suprimida.

O termo burocratismo, ou burocrácia, mentres aponta a un problema, agacha outros. Suxiro que as cuestións expostas anteriormente -sobre a democrácia e o papel do partido- deben levar-nos a empregar modos máis materialistas de pensar as relacións, nunha sociedade socialista, entre a parte organizada e políticamente máis consciente, e a menos organizada ou menos consiente políticamente que representa a maioria produtiva.

Os bolcheviques xeralmente, e Stalin expresamente, facian unha grande distinción entre preparación política e habilidade técnica ou educación. Mais eles nunca estudaron suficientemente a contradición entre "militante" e "técnico", como si se fixo durante a Revolución Cultural chinesa. A idea compartida por case todos os socialistas de que se podia separar a supervisión política do coñecimento técnico e a produción, reflicte, en parte, a noción errada de que a ciéncia -a técnica- é políticamente neutra, e de que unha produción económica eficaz xa era políticamente de esquerdas ou comunista. A contradición entre Estado-Partido e continuación desta.


Que significa "democrácia interna" no contexto dun partido comunista? Na URSS, moitas das forzas de oposición cuxos pontos de vista foron derrotados nas Conferéncias e Congresos do Partido durante os anos 20, asiron o camiño das conspiracións que, no seu último termo, buscaban o asasinato de dirixentes do Partido, golpes de Estado e colaboracións, através de actividades de espionaxe, coas poténcias capitalistas inimigas. Ao mesmo tempo, líderes rexionais do Partido desenvolveron hábitos ditatoriais que, por unha banda, os afastaban da militáncia do Partido (e, por suposto, da povoación non comunista, que era moito máis numerosa), e por outra banda, garantian priviléxios materiais.

58. As avantaxes materiais dos altos cargos do Partido tiveron que xogar un importante papel, incluso decisivo, no desenvolvimento do que se coñeceu como nomenclatura. Igualmente, o evidente obxectivo de Stalin de afastar o Partido do mando directo e devolvé-lo ás tarefas de "axitación e propaganda" poderia suxerir a toma en consideración desta contradición por parte de Stalin e, quizais, tamén por outros dirixentes. Até que ponto as grandes diferenzas salariais eran esenciais para estimular a industrialización na URSS? E se estas diferenzas fosen esenciais, foi un erro permitir aceder a priviléxios materiais a membros do Partido (paga alta, mellor aloxamento, tendas especiais, etc.? O contexto político no que se tomaron estas decisións, finais dos anos 20 e princípios dos 30, debe ser estudado con máis detimento. Os debates, que tiveron lugar a princípios dos anos 30 e que por agora ainda non están disponíbeis, referidos ao salário máximo dos membros do Partido, teñen que ser descubertos e estudados.

59. Semella que Zhukov e Mukhin pensaron que a táctica, que eles atribuen a Stalin e Béria, de afastar os líderes do Partido da dirección do Estado, era a mellor para impedir a dexeneración do Partido. Como suxiro máis arriba, quizais a verdadeira causa da dexeneración do Partido foi a defensa dos seus priviléxios, máis que a contradición "militante-técnico".

60. Pensaba-se, por suposto, na necesidade dos incentivos materiais, primeiro, para reclutar técnicos para edificar a base industrial da URSS, expertos no seu traballo mais burgueses, anticomunistas e inimigos da clase obreira. Partindo disto, podemos argumentar que os altos salários foron necesários para animar aos técnicos expertos (incluíndo traballadores expertos) a que se afiliasen ao Partido Bolchevique; ou para traballar duro en condicións adversas, a miúdo perigosas para a saúde, e sacrificando a vida familiar. Isto serviria para xustificar as desigualdades semellantes ás do mundo capitalista.

61. Se cadra Stalin e Béria coidaron que devolvendo ao Partido a unha función puramente política, poderian impedir a sua dexeneración. Xa que esta estratéxia nunca se levou á prática, non podemos sabé-lo. Pero suspeito que a cuestión dos "incentivos materiais", é dicer, desigualdade económica, é a fundamental. Nas conversas con Félix Chuev, un ancián Molotov reflexiona sobre a necesidade dun cada vez maior igualitarismo, preocupando-se polo futuro do socialismo na URSS por mor do crecimento das desigualdades. Molotov non via as raíces desta desigualdade nos tempos de Lenin e Stalin. De feito, Molotov, como Stalin, era incapaz de analisar críticamente o legado de Lenin, mália que a idea de manter e ampliar algunhas desigualdades co fin de estimular a produción podemos encontrá-la en Lenin e, indo máis atrás, no Marx da Crítica ao Programa de Gotha.

62. As perguntas que un se fai reflicten inevitábelmente as preocupacións próprias, e o meu caso non é unha excepción. Coido que a história do Partido Bolchevique durante a etapa de Stalin -unha história terxiversada polas mentiras anticomunistas e que ainda ten que ser escrita- ten moito que ensinar ás futuras xerazóns. Os activistas políticos que estudan o pasado para guiar-se, ou os investigadores con consciéncia política que entenden que sus mellores contribucións a un futuro mellor pasan polo estudo das loitas do pasado, teñen moito que aprender da história da Unión Soviética.

63. Como mariñeiros do medievo con mapas máis imaxinários que reais, nós fomos enganados por histórias canónicas sobre a URSS, a meiranda parte delas falsas. O proceso de descobrir a história real da primeira experiéncia socialista acaba de encetar. Como pode comprender calquer leitor deste ensaio, coido que isto é dunha enorme importáncia para o futuro.


Notas

1. A versión de Trotsky da história soviética antecedeu á de Khruchev, entallando-se con esta última como unha espécie de versión "esquerdista", mália a sua falla de prestíxio fora dos círculos trotkistas. Tanto unha como outra, dan unha imaxe extremadamente negativa de Stalin; o termo "demonizar" non é exaxerado. Sobre Trotsky, consultar McNeal.

2. O difundido uso do termo "terror" para adxectivar o periodo da história soviética que vai desde meados de 1937 até 1939-40 pode deber-se a unha aceitación acrítica do tendencioso e pouco fiábel traballo de 1938: O Gran Terror. O termo é tan inexacto como polémico. Ver "Fear and Belief in the URSS's Gran Terror: Response a Arrest, 1935-1939", Slavic Reviw 45 (1986), 213-214. Ver tamén "Social Dimensions of Stalinist Rule: Humor and Terror in the USSR, 1935-1941", de Thurston no Journal of Social History 24, nº 3 (1991) 541-562; Life and Terror Ch. 5, 137-163.

3. O pensamento marxista-leninista rexeita a "democrácia representativa" capitalista por constituir esencialmente unha cortina de fume para o controlo das elites. Moitos pensadores políticos non-marxistas acreditan nisto. Por exemplo, Lewis H. Lapham (editor de Harper's Magazine), "Lights, Camera, Democracy! On the conventions of a make-believe republic", Harper's Magazine, agosto de 1996, 33-38.

4. Citado por Yuri Zhukov en Zhupel Stalina, Komsomolskaia Pravda, 5 de novembro de 2002. O profesor Getty confirmou-me este ponto nun correo electrónico.

5. O nome do Partido pasou en 1952 a ser Partido Comunista da Unión Soviética.

6. Yenukidze, un vello revolucionário, xeorxiano e amigo de Stalin, ocupou durante moito tempo unha posición preminente no Governo soviético, e nunca foi relacionado con nengún dos grupos de oposición dos anos 20. Nesta época estaba ao mando da Garda do Kremlin. Aos poucos meses foi un dos primeiros en ser denunciado como membro dun plano para un "golpe de man" contra o liderazgo de Stalin. Zhukov (KP, 14 de novembro de 2002) indica que isto debeu irritar profundamente a Stalin.

7. A II Parte, Capítulo 3, Artigo 9 da Constitución soviética de 1924, vixente neste momento, concedeu aos habitantes das cidades unha elevadisima influéncia social; un delegado soviético por cada 25.000 votantes urbanos, e un delegado por cada 125.000 votantes do campo. Isto concordaba co superior apoio aos socialismo dos obreiros, e co conceito marxista do estado como ditadura do proletariado.

8. Isto, de feito, non é unha lei, senón "unha decisión do Comité Executivo, e o Consello de Comisários Populares", e, xa que logo, das áreas lexislativa e executiva do governo. O feito de que se chame "lei", incluso no ámbito académico, demostra que a maioria dos que se refiren a ela nen sequer a leron. Está impreso en Tragediia Sovetskoy Derevni. Dollektivizatsiia I Raskulachivanie. Documenty I Materialy. 1927-1939. Tomo 3. Konets 1930-1933 (Moscova: ROSSPEN, 2001), Nº 160, pp. 453-4, e en Sobranie zakonov i rasporiazhenii Raboche-Krest'ianskogo Pravitel' SSSR, chast' I, 1932, pp. 583-584. Os meus agradecimentos a Rittersporn por esta última cita.

9. Para reconstruir a economia o máis rápidamente posíbel após a devastación da Guerra Civil e a conseguinte fame, os bolcheviques permitiron certa actividade do capital e favoreceron certos negocios privados, sempre baixo controlo governamental. É o que se coñece como Nova Política Económica (NEP).

10. Stalin “Informe ao XVIIº Congreso do Partido” 704, 705, 706, 716, 728, 733, 752, 753, 754, 756, 758.

11. Isto non é de coñecimento xeral, e o seu significado é raramente comprendido. A nosa opinión sobre Stalin foi moldeada por aqueles que o odiaron (McNeal 87). Stalin foi un excelente estudante no seminário de Iblisi (Xeórxia) onde foi enviado pola sua mai. Adicando a sua vida desde a sua adolescéncia ao movimento revolucionário da clase obreira, nunca tivo oportunidades para unha educación superior, ainda que era moi intelixente e un grande leitor cuxo aprendizado ia desde a filosofia até cuestión técnicas como a metalúrxia. Os rexistros da época testemuñan o seu profundo coñecimento de moitas áreas técnicas. Un académico ruso que estudou a biblioteca de Stalin dá unhas cifras impresionantes: 20.000 volumes na sua casa após a guerra, moitos dos 5.500 trasladados ao Instituto de Marxismo-Leninismo están subliñados e apresentan anotacións (Ilizarov). Roy Medvedev, que ódia a Stalin, ve-se na obriga de admitir as considerábeis leituras de Stalin (Medvedev, Lichnaia). Moitos dos colaboradores que escolleu reflicten esta mesma inclinación á superación persoal. Sergei Kirov, o líder do Partido en Leningrado e estreito aliado de Stalin que foi asasinado en 1934, destacou polas suas amplas leituras literárias (Kirlina 175). "Cando Kirov foi asasinado, os investigadores fotografaron todo o que axudara á investigación, incluíndo a superfície dunha mesa de traballo. Na direita habia un manual de enxeñaria de Hutte, na esquerda unha morea de publicacións científicas e técnicas, lendo-se no título superior "Combustíbel Shale". Efectivamente, era moi vasta a rede de intereses deste traballador do Partido, como acontecia con Stalin”. (Mukhin Ubiystvo 625) En 1924, Lavrenty Beria, após vários anos de traballo revolucionário e clandestino moi perigoso, como por exemplo a infiltración en grupos violentos anticomunistas caucásicos, escrebeu o seu currículo no Partido. O propósito de enumerar os seus méritos era para unha petición, mais non para un traballo cómodo, como pedian a meirande parte dos "vellos bolcheviques", senón para que se lle permitise volver aos estudos de enxeñaria e poder contribuir á construción dunha sociedade comunista. (Beria: Konets Kar'ery, 320-325)

12. Thurston, nos Capítulos 2, 3 e 4, é o mellor resumo, nos primeiros anos 90, das probas relacionadas cos xuízos de Moscova. Este artigo non tratará directamente destes xuízos, nen do xuízo e execución do mariscal Tukhachevsky e outros líderes militares en xuño de 1937, ou verbo das relacións entre todas as conspiracións antisoviéticas neses xuízos citados. Como aclaran os documentos dos arquivos soviéticos, Stalin e outros dirixentes soviéticos estaban convencidos de que as conspiracións existian, e de que as acusacións nos xuízos de Moscova, incluíndo aquelas contra líderes militares, era, cando menos na sua maior parte, atinadas.

13. Getty subliña que os membros do Comité Central se negaron a respostar o discurso de Zhdanov, trasladando a confusión ao secretário Andreev. ("Excesses" 124) Zhukov enfatiza menos este ponto, xa que Eikhe e outros Primeiros Secretários respostaron na seguinte sesión, destacando a loita contra "os inimigos". (Inoy 345)

14. Para a Resolución, ver Zhukov, Inoy 362-3; Stalin, Zakliuchitel'noe. Como a resolución, que permanece inédita, o discurso de Stalin tan só menciona o tema dos "inimigos". Stalin insiste en que hai "xente moi aprezabel" entre os antigos trotskistas, e nomea concretamente a Félix Dzerzhinsky.

15. Este volume (Genrikh Yagoda) consiste esencialmente en interrogatórios efectuados a Yagoda e ao seu círculo, e na confesión de Yagoda de participar nunha conspiración para dar un golpe contra o Governo soviético, o liderazgo de Trotsky nesta conspiración e, polo xeral, todo o que confesou Yagoda no xuízo de 1938. Non hai indícios que poñan en dúvida a autenticidade das confesións. Os editores do volume negan a exatitue dos feitos citados nos interrogatórios, definindo-os como "falsos". Mais non aportan proba algunha da sua afirmación. Jansen e Petrov, P. 226 n.9, mália o seu anti-estalinismo, citan este volume como proba e sen nengún comentário. Dan-se boas probas, ademais, de que así foi na realidade; que estas conspiracións existiron, que as confesións nos xuízos públicos non foron forzadas, e que as princiapis acusacións eran certas. Outro vasto volume de documentos primários publicado en 2004 contén unha grande número de informes do NKVD sobre conspiracións e textos de interrogatórios (ver Lubianka). A explicación máis probábel da existéncia deste volume de evidéncias é que algunha, cando menos, é certa.

16. Chamado o klubok ("enredo") polos investigadores do NKVD da época e polos historiadores rusos actuais.

17. Non se publicou a transcrición do Pleno de xuño de 1937. Algúns autores afirman que non se conservou nengunha. Porén, Zhukov menciona extensamente algunhas transcricións arquivadas non acesíbeis a outros.

18. A orde de estabelecer unha troika na rexión do oeste siberiano de Eikhe existe. A petición de Eihke non se atopou, mais debeu existir, xa fora verbal ou por escrito. Vez Zhukov, "Repressii" 23, n. 60; Getty, "Excesses" 127, n. 64.

19. Getty, Excesses 131-134 comenta algunhas estatísticas. Ver Orde Nº 00447.

20. A papeleta de mostras reproduce-se en Zhukov; Inoy, 6º ilustración.

21. Ainda o 1 de fevreiro de 1936, menos de catro semanas antes do seu discurso secreto ao XXº Congreso do Partido, Khruchev definia a Yezhov como "inocente sen nengunha dúvida, un home honrado". Reabilitatsia: Kak Eto Bylo. Mart 1953-Febral' 1956 (Moscova, 2000), p. 308.

22. A sua dimisión non foi formalmente aceitada até o 25 de novembro de 1938; ver Lubianka nº 344 e 364.

23. Khruchev reclamou "executar a 20.000" persoas, Zhukov,KP 3 Dec. 02. Os comentários críticos de Yakovlev sobre as expulsións masivas de Khruchev son citados máis arriba. Eikhe foi arrestado en outubro de 1938, xulgado, acusado, condenado e executado en fevreiro de 1940. Segundo Khruchev, Eikhe rexeitó a sua confesión, afirmando que fora obtida tras ser golpeado ou torturado. A análise de Zhukov aponta a que o auténtico motivo da sorte de Eikhe foi o seu papel dirixente nas execucións masivas de 1937-1938. Ver Jansen e Petrov, 91-2. O Politburó e o Pleno do Comité Central de xaneiro de 1938 comezaron a atacar aos Secretários do Partido que reprimiran a membros cualificados do Partido. (Getty, Origins 187. O rexistro completo da investigación sobre Eikhe e o xuízo ainda están clasificados. O desexo de desviar a atención e as culpas próprias e dos Primeiros Secretários foi un dos obxectivos das mentiras contidas no seu "informe secreto".

24. Getty ("Excesses" 132) cita evidéncias de que 236.000 execucións foron autorizadas por "Moscova", querendo significar a dirección estaliniana, pero máis do 160% desa cifra, 387.000 persoas, foron executadas por autoridades rexionais.

25. No xuízo de Moscova de 1938, Yagoda confesou a sua participación na conspiración para un golpe de Estado contra o governo soviético, delatou aos asasinos de Máximo Gorki e do seu fillo, e outros crimes, mais negou con rotundidade a acusación do fiscal de espionaxe. O feito de manter-se a acusación de espionaxe un anos despois da detención de Yagoda, demostra, como pouco, que o Governo soviético pensou que el puidera ter dado información a un goberno inimigo (Alemánia, Xapón, Polónia). Como número un do Ministério do Interior, incluíndo a policia secreta e de fronteiras, Yagoda tivo a oportunidade de causar un dano incalculábel á seguridade soviética no caso de dar información a governos estranxeiros.

26. Thurston ten a mellor discusión en língua inglesa sobre isto, en Life and Terror 128.

27. O texto completo da resolución está en Zhukov, Stalin. Ver tamén a posicion máis temprana de Zhukov en Tayny 270-276, onde tamén se reproduce o texto.

28. Outra leitura dos arquivos suxire que os números puderon ser 6, 6 e 5. Ver Khlevniuk O., et al. eds, Politburo TsK VKP(b) i Sovet Ministrov SSSR 1945-1953. Moscova: ROSSPEN, 2002, 428-431.

29. Pyzhikov atribue esta tensión democrática aos Leningradenses, especialmente a Voznesensky. (Ver tamén o seu artigo "N.A. Voznesenski" en http://www.akdi.ru/id/new/ek5.htm ) Isto implicaría tamén o apoio de Zhdanov, pésie a que este apóio non "encaixara" coa teoria de Pyzhikov sobre que as forzas a prol do capitalismo -Voznesensky e os seus colegas "Leningradenses"- fosen as máis "democráticas". Nen por que non foi aprobado o borrador se os "Leningradenses" se mantiveron fortes até 1947. Tampouco isto indica, nen moito menos demostra, nengunha conexión necesária entre a coñecida orientación capitalista e consumista de Voznesensky e a democrácia política. Finalmente, non indica que Stalin non a apoiou.

30. Segundo Zhores Medvedev, o arquivo persoal de Stalin foi destruido imediatamente despois da sua morte (Medvedev, Sekretnyi). De ser así, é razoábel pensar, como fai Mukhin (Ubiystvo 612), que algunhas das suas ideas deberon ser consideradas moi perigosas, e, entre elas, as expresadas nestas duas reunións. A miña análise vai aquí, despois continua a de Mukhin, Ch. 13 e Medvedev, op. cit.

31. Seguramente foi pensado como unha medida de unificación. Cada unha das Repúblicas que formaban a URSS mantivo o seu próprio Partido: o Partido Comunista de Ucránia, de Xeórxia, etc. Isto levou a algúns líderes do Partido a pensar que Rúsia, a maior das Repúblicas, pero que non tiña nenguna Partido "de seu", estaba en desavantaxe. Parece ser que un dos cargos máis sérios contra os líderes do Partido xulgados e executados no "Asunto de Leningrado" durante a pós-guerra foi o de planexar constituir un Partido ruso e mudar a capital da República rusa (non a da URSS) a Leningrado. Posíbelmente isto faria a Rúsia ainda máis poderosa, exacerbando o chauvinismo ruso, cando o que se necesitaba nese momento era buscar a unidade das diferentes repúblicas. Ver David Brandenberger, "Stalin, the Leningrad Affair, and the Limits of Postwar Russocentrism", Russian Review 63 (2004), 241-255.

32. O posto de "Primeiro Secretário" foi criado por Khrushchev após a morte de Stalin.

33. Citado en Mukhin, Ubiystvo 617.

34. A publicación máis antiga que atopei está no xornal de esquerdas Sovetskaia Rossiia do 13 de xaneiro de 2000, en http://www.kprf.ru/analytics/10828.shtml; en inglés, en http://www.northstarcompass.org/nsc0004/stal1952.htm.

35. Mukhin coida que foi un grave erro. Defende que o interese da nomenclatura era que Stalin morrera sendo ainda Secretário do Comité Central (mália non ser xa "Secretário Xeral") e Xefe de Estado -é dicer, mentres el reunia os cargos de cabeza de Partido e do país. Deste xeito, seria máis doado que o seu sucesor como Secretário do Comité Central fose aceitado polo país e polo governo tamén como Xefe de Estado. Se isto foi asi, a tentativa de desaloxar á nomenclatura do controlo directo da país sería a fin. (Mukhin, Ubiystvo, 604 & Ch. 13)

36. Para as reformas de Béria, tanto levadas a cabo como só propostas, utilicei os traballos de Kokurin e Pozhalov, Starkov, Knight, e Mukhin, Ubiystvo. Todos os livros recentes sobre Béria citados na bibliografia abordan tamén este tema.

37. No seu "Discurso Secreto", Khruchev tamén cualifica o "Compló dos Médicos" de fraude. Mais tivo o descaro de culpar a Béria, quen de feito fora quen comezara a investigación, mentres eloxiaba a Kruglov, xefe do NKVD responsábel deste complóe, a quen Khruchev restaurou no Comité Central, e que estaba presente mentres falaba Khruchev.

38. Hai probas de abondo para suxerir que Béria foi asasinado o dia da sua detención. O seu fillo Sergo Béria, nas suas memórias, escrebe que os funcionários lle dixeron que o seu pai non estaba presente durante o xuízo. Mukhin afirma que Baybakov, o único membro vivo do Comité Central de 1953, lle dixo que Béria estaba morto xa á altura do Pleno de xullo de 1953, pero os seus membros ainda non so sabian (Sergo Beria; Mukhin, Ubiystvo 375). Amy Knight, p.220, relata que Khruchev declarou duas veces que Béria fora asasinado o 26 de xuño de 1953, mudando máis tarde a sua versión. Suspeita-se que os documentos do xuízo de Béria foron "roubados" do seu arquivo, polo que nen a sua existéncia pode ser verificada (Khinshtein 2003). Porén, algúns investigadores, como Andrei Sukhomlinov (pp. 61-2), non consideran convincentes as probas sobre o asasinato de Béria.

39. A expresión "o maior roubo da história", é amplamente utilizada para descreber a "privatización" da riqueza criada e posuída colectivamente na URSS. Podemos ver uns cantos exemplos en: "The Russian Oligarchy: Welcome to the Real World," The Russian Journal, 17 de marzo de 2003, en http://www.russiajournal.com/news/cnews-article.shtml?nd=36013; Raymond Baker, Centre for International Policy, "A Clear and Present Danger," Australian Broadcasting Corp, 2003, en http://www.abc.net.au/4corners/stories/s296563.htm.

40. Desde novembro do 2005 preparo un artigo que documenta as mentiras de Khruchev no seu "Discurso Secreto", que preveo publicá-lo en fevreiro de 2006 cando se cumpren 50 anos do discurso de Khruchev.

41. Roy Medvedev, Let History Judge: The Origins and Consequences of Stalinism, menciona uns cantos casos nos que Stalin fai isto. Ver pp. 150, 507, 512, 538, 547 da edición de Knopf de 1971. Outros viron a luz desde a fin da URSS. Ver un exemplo no Diário de Dimitrov 1933-1949, pp. 66-67, editado e prologado por Ivo Banac. (New Haven, CT: Yale University Press, 2003)

Notas adicionais

Sobre o traballo de Yuri Zhukov:

Até o dia de hoxe só existe un só ataque académico contra as teses de Zhukov, o da profesora Irina V. Pavlova "1937: Vybory kak mistsifikatsiia, terror kak real 'nost'" Voprosy Istorii 10, 2003 19-36. Pavlova é unha recalcitrante anticomunista da escola "totalitarista", cuxa hostilidade ideolóxica cara ao comunismo desacredita a sua investigación histórica. Como exemplo, minte sobre a investigación de Getty coa finalidade de desacreditá-lo. Pavlova escrebe propaganda, non história.

O traballo de Pavlova é anterior a publicación de Inoy Stalin, e tan só menciona os artigos de Zhukov en KP. A crítica de Pavlova apoia-se na suposición de que os xuízos de Moscova, Tkhachesvki, etc., foron tapadeiras, e todas as campañas eleitorais e constitucionais unha montaxe para agachar a represión.

Pavlova tamén afirma que, por mor de que o Soviet Supremo non tiña poder político real en 1936, as eleizóns tampouco lle proporcionarian ningún poder. Se por "poder" Pavlova entende a habilidade para acabar coa posición dominante na URSS do Partido Bolchevique e desfacer así o socialismo, evidentemente ten razón: é indudábel que Stalin non tiña nengunha intención de permitir unha contrarrevolución por meios constitucionais. Nen iso se permite en nengún país de democrácia burguesa. Mais se por "poder" entende capacidade para influenciar políticas estatais e exercer presións, dentro duns límites sobre políticas sociais específicas e sobre o mesmo Partido Bolchevique, é dicer, o tipo de poder que dan as eleizóns nas democrácias burguesas, entón seguramente estexa errada.

Sobre Iuri Mukhin, Ubiystvo Stalina e Beria:

Este livro de Mukhin é ignorado a miúdo por aqueles contrários ás suas conclusións, sobre a base de que fai comentários que puderan ser considerados antisemitas. Hai de dicer que Mukhin fai comentários contrários ao antisemitismo no mesmo livro. O presente traballo non tira nengún dado dos parágrafos nos que pudera aniñar o antisemitismo. Mukhin tamén ten posturas excéntricas sobre algúns dos temas non relacionados con este livro. Tampouco cito nengún deses traballos.

Outro tanto deberia facer-se cando se citan a académicos anticomunistas: a sua ideoloxia anticomunista anticomunistas non impide que, en ocasións, podan apresentar enfoques de valor. E, desde logo, o anticomunismo está estreitamente relacionado co antisemitismo. Non sendo nen anticomunista nen xudeu, Mukhin amosa certa hostilidade contra os dous, máis tampouco se pode dicer que sexa un anticomunista e antisemita convencional.

As análises de Mukhin das fontes primárias e secundárias son normalmente moi agudas, e eu fago uso delas cando o considero oportuno. Naturalmente, citar algunhas análises de Mukhin coas que un concorda, non implica acreditar coas análises que non se citan. Tampouco é Mukhin responsábel do uso que eu faga das suas investigacións. Comprobei cada referéncia aportada por Mukhin e todos os académicos aquí citados, agás no caso de fontes primárias, só a disposición de aqueles que traballan nos arquivos.


Bibliografia

Alikhanov, Sergei. "Bagazh na brichke." Kontinent. en http://www.kontinent.org/art_view.asp?id=2020

Beria: Konets Kar'ery. Moscova: Izd. Politicheskoy Literatury, 1991.

Beria, Lavrentii. Discurso no funeral de Stalin. En http://leader.h1.ru/beria.htm . Mukhin cita a versión orixinal publicada no Komsomolskaya Pravda, No. 59, 1953, pp. 1-3 (Ubiystvo, 282).

Beria, Sergo. Moy Otets Lavrentii Beria. Orig. ed. Moscow: Sovremennik, 1994. En
http://www.duel.ru/publish/beria/beria.html

Bivens, Matt, and Jonas Bernstein. "Part 2: The Russia You Never Met." Johnson's Russia List #3068,
24 February 1999. En http://www.cdi.org/russia/johnson/3068.html

Brandenberger, David. "Stalin, the Leningrad Affair, and the Limits of Postwar Russocentrism," Russian Review 63 (2004), 241-255.

Constitución de 1924: en ruso, . En inglés: in Rex A. Wade ed., Documents of Soviet History, vol. 3 Lenin's Heirs 1923-1925. Gulf Breeze, FL:
Academic International Press, 1995; en http://users.cyberone.com.au/myers/ussr1924.html

Constitución de 1936: en ruso, http://www.hist.msu.ru/ER/Etext/cnst1936.htm. En inglés, http://www.departments.bucknell.edu/russian/const/1936toc.html.

Chuev, Feliks. Molotov. Poluderzhavniy Vlastelin. Moscow: OLMA-Press, 2000.

Dimitrov, Georgi. The Diary of Georgi Dimitrov 1933-1949, ed. & intro. Ivo Banac. New Haven, CT: Yale University Press, 2003.

Dobriukha, Nikolai. "Za Chto Lavrentiy Beria Vyshel iz Doveria." Izvestia Nauka. February 26, 2004. En http://www.inauka.ru/history/article38205.html.

"Fragmenty stenogramy dekabrskogo plenuma TsK VKP(b) 1936 goda", in Voprosy Istorii No. 1, 1995, 3-22.

Genrikh IAgoda. Narkom Vnutrennikh Del SSSR. Sbornik documentov. Kazan', 1997.

Getty, J. Arch."'Excesses are not permitted': Mass Terror and Stalinist Governance in the Late
1930s." The Russian Review 61 (xaneiro de 2002), 113-138.

- - - , Origins of the Great Purges. The Soviet Communist Party Reconsidered, 1933-1938. London & New York: Cambridge Univ. Press, 1985.

- - - , "State and Society Under Stalin: Constitutions and Elections in the 1930s." Slavic Review
50, 1 (Spring 1991), 18-35. Getty, J. Arch, and Oleg V. Naumov. The Road to Terror: Stalin and the Self-Destruction of the Bolsheviks, 1932-1939. New Haven: Yale U.P., 1999.

Ilizarov, B.C. "Stalin. Shtrikhi k portretu na fone ego biblioteki i arkhiva." Novaia i Noveyshaia Istoriia, N. 3-4, 2000. En http://vivovoco.nns.ru/VV/PAPERS/ECCE/STALIB.HTM.

Jansen, Mark, and Nikita Petrov, Stalin's Loyal Executioner: People's Commissar Nikolai Ezhov 1895-1940. Stanford: Stanford U.P., 2002. En http://www-hoover.stanford.edu/publications/books/ezhov.html.

Khaustov, V.N, V.P. Naumov, N.C. Plotnikova, eds., Lubianka: Stalin i Glavnoe Upravlenie Gosbezopasnosti NKVD. 1937-1938. Moscova: "Materik", 2004.

Khinshtein, Aleksandr. "Proshchai, Beria!" Moskovskii Komsomolets 9 de xaneiro de 2003, en http://nadzor.pk.ru/articles/showart.php?id=8579; verificado co orixinal en http://www.mk.ru/newshop/bask.asp?artid=59319.

Khlystalov, Eduard. "Predateli s marshal'skimi zvezdami," Literaturnaia Rossia, No. 12, 28 de marzo 2003 e nº 13, 4 de abril 2003.
En http://www.litrossia.ru/litrossia/viewitem?item_id=18376 e http://www.litrossia.ru/litrossia/viewitem?item_id=18394. Tamén en http://www.hrono.ru/text/2003/hly_predat.html.

O Informe Secreto de Khruchev foi publicado moitas veces; eu utilicei a edición de Izvestiia TsK. KPSS No.3, 1989. En http://www.zvenigorod.ru/library/history/cccpsun/1989/3/128.htm.

Kirilina, Alla. Neizvestnyi Kirov. StP & Moscow: "Neva"/ OLMA-Press, 2001.

Kokurin, A.I and Pozhalov, A.I. "'Novyi Kurs' L.P. Beria", Istoricheskiy Arkhiv 4 (1996), 132-164.

Knight, Amy. Beria: Stalin's First Lieutenant. Princeton: Princeton University Press, 1993.

Lavrentiy Beria. 1953. Stenograma iul'skogo plenuma TsK KPSS I drugie dokumenty. Eds. V. Naumov,
Iu. Sigachov. Moscow: Mezhdunarodniy Fond "Demokratiia," 1999.

Leibowitz, Clement. The Chamberlain-Hitler Deal. Edmonton:Editions Duval, 1993.

Lubianka. Stalin I VChK GPU OGPU NKVD. Ianvar' 1922-dekabr' 1936. Documenty. Moscova: 'Materik', 2003.

Lubianka. Stalin I Glavnoe Upravlenie Gosbezopasnosti NKVD 1937-1938. Moscova: 'Materik', 2004.

McNeal, Robert. "Trotsky's Interpretation of Stalin." Canadian Slavonic Papers 3 (1961), 87-97.

Medvedev, Roy. Medvedev, Let History Judge: The Origins and Consequences of Stalinism. New York: Knopf, 1971.
- - -, "Lichnaia biblioteka 'Korifeia vsekh nauk'." Vestnik RAN. No. 3 (2001), 264-7. En http://russcience.euro.ru/biblio/med01vr.htm.

Medvedev, Zhores. "Sekretnyy naslednik Stalina." Ural (Yekaterinburg). 1999, No. 7. En http://www.art.uralinfo.ru/LITERAT/Ural/Ural_7_99/Ural_07_99_09.htm.

Mukhin, Iu. Ubiystvo Stalina i Beria. Moscova: Krymskii Most-9D, 2003.

Nekrasov, V.F. Beriia: Konets Kar'ery. Moscova: Politizdat, 1991.

Nevezhin, V. A. Zastol'nye Rechi Stalina. Dokumenty i Materialy. [Stalin's Table Talk] Moscova: AIRO-XX; St. Petersburg: Bulanin, 2003.

O'Meara, Kelly Patricia. "Looting Russia's Free Market." Insight, 2002. En http://www.findarticles.com/p/articles/mi_m1571/is_32_18/ai_91210681.

Order No. 00447: in Lubianka B , No. 151, 273-281; tamén en http://www.memorial.krsk.ru/DOKUMENT/USSR/370730.htm.

Pavlova, Irina V. "1937: vybory kak mistifikatsiia, terror kak real'nost'." Voprosy Istorii. No. 10, 2003, pp. 19-37.

Politburo TsK VKP(b) i Sovet Ministrov SSSR 1945-1953. Ed. Khlevniuk, O., et al. Moscova: ROSSPEN, 2002.

Pyzhikov, Aleksandr. "Leningradskaia gruppa: put' vo vlasti (1946-1949)", Svobodnaia Mysl' 3 (2001), 89-104.

Rossiia I SSSR v voynakh XX veka. Potery vooruzhennykh sil. Statisticheskoe issledovanie. Moscova, 'OLMA-Press', 2001. Tamén en http://www.soldat.ru/doc/casualties/book/.

Simonov, Konstantin. Glazami cheloveka moego pokoleniia. Razmyshleniia o I.V.Staline. Moscova: Novosti, 1988.

Stalin, Joseph. "Vystuplenie I.V. Stalina na Rasshirennom Zasedanii Voennogo Soveta pri Narkome
Oborony," Istochnik 3 (1994), 72-88. Unha significativamente distinta versión en Lubianka, No. 92, 202-209.

- - -, "On the Draft of the Constitution of the USSR." In Russian: Collected Works, vol. 14. En http://stalin1.boom.ru/14-21.txt; en inglés, en J.V. Stalin, Problems of Leninism. Foreign
Languages Press, Peking 1976, 795-834, en http://ptb.lashout.net/marx2mao/Stalin/SC36.html.

- - - , The Stalin-Howard Interview. NY: International Publishers, 1936. En http://stalin1.boom.ru/14-2.htm (in Russian).

- - - , Report to 17th Party Congress, 26 de xaneiro de 1934. En
http://www.geocities.com/CapitolHill/Parliament/7345/stalin/13-27.htm (in Russian); en inglés en J.V. Stalin, Problems of Leninism. Foreign Languages Press, Peking 1976, 671-765; tamén en http://ptb.lashout.net/marx2mao/Stalin/SPC34.html.

- - -, Zakluchitel'noe slovo na plenume tsentral'nogo komiteta VKP(b) 5 marta 1937 goda (stenograficheskii variant). En http://www.geocities.com/CapitolHill/Parliament/7345/stalin/14-9.htm.

- - -, Zastol'nye Rechi Stalina. Dokumenty i Materialy. [Stalin's Table Talk] Moscova: AIRO-XX; St. Petersburg: Bulanin, 2003.

- - -, Rech' I.V. Stalina Na Plenume TsK KPSS 16 Oktiabria 1952 goda. (Speech at Plenum of the Central Committee of the KPSU October 16 1952). Unha publicación non oficial en http://www.kprf.ru/analytics/10828.shtml.

Starkov, Boris. "Sto Dney 'Lubyanskogo Marshala,'" Istochnik 4 (1993), 82-90.

Sukhomlinov, Andrei. Kto vy, Lavrentii Beria? Neizvestnye stranitsy ugolovnogo dela. Moscova: Detektiv-Press, 2004.

Thurston, Robert W. "Fear and Belief in the USSR's 'Great Terror': Response To Arrest, 1935-1939." Slavic Review 45 (1986), 213-234.

- - -, "On Desk-Bound Parochialism, Commonsense Perspectives, and Lousy Evidence: A Reply to Robert Conquest." Slavic Review 45 (1986), 238-244.

- - -, "Social Dimensions of Stalinist Rule: Humor and Terror in the USSR, 1935-1941." Journal of Social History 24, No. 3 (1991) 541-562.

- - -, Life and Terror in Stalin's Russia. New Haven: Yale University Press, 1996.

Tragediia Sovetskoy Derevni. Kollektivizatsiia I Raskulachivanie. Documenty I Materialy. 1927-1939. Tom 3. Konets 1930-1933. Moscow: ROSSPEN, 2001.

Williamson, Anne. "The Rape of Russia." Testimony before the Committee on Banking and Financial Services of the U.S. House of Representatives, 21 de setembro de 1999. En http://www.russians.org/williamson_testimony.htm.

Yakovlev, A.S. Tsel' Zhizni. Zapiski Aviakonstruktora. M. 1973. Chapter 20, "Moskva v oborone," http://militera.lib.ru/memo/russian/yakovlev-as/20.html.

Zakharov, Aleksandr. "'Prigovor privedion v ispolnenie.'" Krasnay Zvezda 20 de decembro de 2003. En http://www.redstar.ru/2003/12/20_12/6_01.html.

Zhukov, Iurii. Inoy Stalin. Politicheskie reformy v SSSR v 1933-1937 gg. Moscova:"Vagrius," 2003.

- - - , "Iosif Stalin: diktator ili liberal?" Komsomolskaya Pravda, 3 de decembro de 2002. Transcrición telefónica. En http://www.kp.ru/daily/22927/9/print/.

- - - , "Kul'tovaia mekhanika," Literaturnaya Gazeta No. 9, 5-11 de marzo de 2003. En http://www.lgz.ru/archives/html_arch/lg092003/Polosy/art15_1.htm.

- - - , "Stalin ne nuzhdalsia v partii vlasti," Politicheskiy Zhurnal, Arkhiv No 15 (1-26 de abril de 2004. En http://www.politjournal.ru/index.php?action=Articles&dirid=50&tek=1114&issue=31.

- - -, "Repressii I Konstitutsiia SSSR 1936 goda." Voprosy Istorii. 2002, No. 1, pp. 3-26.

- - -, Tayny Kremlia: Stalin, Molotov, Beria, Malenkov. Moscova: Terra-Knizhnyy Klub, 2000.

- - -, "Zhupel Stalina", Komsomolskaya Pravda, November 5, 6, 12, 13, 14, 15, 19, 20, 2002. Tamén en internet en http://www.x-libri.ru/elib/smi__958/.


Bibliografia adicional para a Parte Segunda

Chilachava, Raul'. Syn Lavrentiia Beria rasskazyvaet Kiev: Inkopress, 1992.

Dobriukha, Nikolai. "Otsy I otchimy 'ottepeli'." Argumenty I Fakty, 18 de xuño de 2003. En http://www.aif.ru/online/air/1182/10_01

Koshliakov, Sergei. "Lavrentiia Beria rasstreliali zadolgo do prigovora." Vesti Nedeli 29 de xuño de 2003. En http:// www.vesti7.ru/archive/news?id=2728

Prudnikova, Elena. Beria. Prestupleniia, kororykh ne bylo. St. Petersburg: Neva, 2005.

Prudnikova, Elena. Stalin. Vtoroe Ubiystvo. St.Petersburg: Neva, 2003.

Pyzhikov, A. "N.A. Voznesenskii o perspektivakh poselvoennogo obnovleniia obshchestva."En http://www.akdi.ru/id/new/ek5.htm

Rubin, Nikolai. Lavrentii Beria. Mif I Rea'nost'. Moscow: Olimp; Smolensk: Rusich, 1998.

Service, Robert. Stalin. A Biography. Cambridge, MA: Belknap Press, 2004.

Smirtiukhov, Mikhail. Entrevista, Kommersant-Vlast', 8 de fevreiro de 2000. En http://www.nns.ru/interv/arch/2000/02/08/int977.html

Sul'ianov, Anatolii. Beria: Arestovat' v Kremle. Minsk: Kharvest, 2004.

Toptygin, Aleksei. Lavrentii Beria. Moscova: Yauza, Eksmo, 2005.

www.estoutrasnotaspoliticas.blogspot.com